Mozart in the Jungle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Mozart in the Jungle
XéneroComedia dramática
Tema de apertura"Lisztomania" de Phoenix (Francia)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Episodios40
Produción
Duración26–30 minutos
DistribuidorAmazon
Emisión orixinal
Canle de orixeAmazon Video
Primeira emisión6 de febreiro do 2014
Derradeira emisión16 de febreiro do 2018
Ligazóns externas
Páxina web

Mozart in the Jungle é unha serie de televisión estadounidense desenvolvida por Roman Coppola, Jason Schwartzman, Alex Timbers e Paul Weitz para o servizo de vídeo baixo demanda Amazon Video.[1]

A historia está inspirada no libro de 2005 da oboísta Blair Tindall Mozart in the Jungle: Sex, Drugs, and Classical Music, no que narra as súas memorias como oboísta profesional en Nova York tocando coa New York Philharmonic e orquestras de espectáculos de Broadway shows.[2] Unha das personaxes principais é Rodrigo, encarnado por Gael García Bernal, unha personaxe baseada no director de orquestra Gustavo Dudamel,[3] xunto con Lola Kirke, Malcolm McDowell, Saffron Burrows, Hannah Dunne, Peter Vack, e Bernadette Peters.

O día 6 de abril de 2018 Amazon confirmou o final da serie logo da cuarta tempada estreada en febreiro dese mesmo ano.[4]

Elenco e personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Lola Kirke 07 28 2018 -17 (45989615592) (cropped).jpg
Gael Garcia Bernal Cannes 2016.jpg
Lola Kirke e Gael García Bernal encarnan a Hailey Rutledge e Rodrigo de Souza, a principal parella protagonista da serie.
Nome Representado por Ocupación Tempadas
1 2 3 4
Hailey Rutledge Lola Kirke Talentosa oboísta que quere tocar na Orquestra Sinfónica de Nova York e que ao longo da serie establece un forte vínculo co director Rodrigo De Souza. Protagonista
Rodrigo De Souza Gael García Bernal O novo director da Orquestra Sinfónica de Nova York. Ao longo da serie establece un forte vínculo coa oboísta Hailey Rutledge. Protagonista
Gloria Windsor Bernadette Peters Presidenta da Orquestra Sinfónica de Nova York. Protagonista
Thomas Pembridge Malcolm McDowell O director emérito da Orquestra Sinfónica de Nova York. Protagonista
Cynthia Taylor Saffron Burrows Violonchelista da Orquestra Sinfónica de Nova York. Protagonista

Personaxes secundarios[editar | editar a fonte]

Nome Representado por Ocupación
Elizabeth "Lizzie" Campbell Hannah Dunne Compañeira de piso e mellor amiga de Hailey Rutledge.
Alex Merriweather Peter Vack Bailarín, perella de Hailey durante as dúas primeiras tempadas.
Betty Cragdale Debra Monk Oboísta da Orquestra Sinfónica de Nova York dende hai moito tempo, que de inmediato despreza a Hailey.
Union Bob Mark Blum Frautista piccolo na orquestra e sindicalista que logo do peche patronal da orquestra compaxina o seu traballo na mesma co de condutor de Uber.
Sharon Jennifer Kim Primeira asistente de Rodrigo.
Warren Boyd Joel Bernstein Concertino da orquestra.
Anna Maria Nora Arnezeder Violinista e ex-muller de Rodrigo.
Dee Dee John Miller Percusionista da orquestra que tamén subministra fármacos e drogas ao resto de integrantes.
Triangle Tanya Rubio Qian Percusionista da orquestra encargada de tocar o triángulo.
Edward Biben Brennan Brown Membro da xunta da orquestra.
Nina Robertson  Gretchen Mol Avogada dos músicos da orquestra durante a crise laboral que acaba namorándose de Cynthia.
Addison Makenzie Leigh Bailarina, compañeira de baile e de piso de Alex.
Claire Margaret Ladd Ex-muller de Thomas que morre logo de escoitar a súa sinfonía completa.
Bradford Sharpe Jason Schwartzman Amante da música clásica e propietario do seu propio podcast, "B-Sharpe". Mantén durante algún tempo unha relación coa mellor amiga de Hailey, Lizzie Campbell.
Marlin Guggenheim John Hodgman Un presunto multimillonario namorado de Hailey.
Winslow Elliott Wallace Shawn Pianista concertista neurótico.
Manuel Tenoch Huerta Mejía Amigo da infancia de Rodrigo.
Andrew Walsh Dermot Mulroney Solista de violonchelo que confraterniza con Hailey.
Alessandra Monica Bellucci Unha soprano italiana que vive en Venecia. Alcumada "La fiamma", retirouse da música, aínda que Rodrigo a persuade para que volva cantar.
Ana María Martínez Voz de Alessandra ao cantar.
Pavel Sandro Isaack Membro do personal da orquestra que mantén unha breve relación con Gloria.
Mike Margusa Philip Jackson Amigo de Hailey a quen ela recruta para traballar na orquestra.
Sebastian Christian Coulson Membro da orquestra de Andrew Walsh que posteriormente convírtese en membro da orquestra de Hailey e trasládase ao piso desta.
Shawn Cole Escola Compañeiro de piso de Hailey e membro da súa orquestra que se acaba convertendo no mozo de Sebastian.
Mozart Santino Fontana Visión de Mozart coa que Rodrigo adoita falar na súa imaxinación.
Liberace David Turner Rempraza como visión de Rodrigo a Mozart durante un breve período de tempo.

Cameos[editar | editar a fonte]

A serie foi tamén coñecida por incluír cameos de destacadas personalidades da música clásica como Gustavo Dudamel, o pianista chinés Lang Lang, a compositora estadounidense Caroline Shaw, o violinista Joshua Bell,[5] ou o tenor español Plácido Domingo.[6]

O primeiro capítulo da segunda tempada, títulado "Stern Papa" contou coa presenza do director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel como membro do equipo técnico nun concerto que a Sinfónica de Nova York ofrece en Los Ángeles.[7] Tamén nesa mesma tempada, no cuarto episodio, titulado "Touché Maestro, Touché", aparecen o violinista estadounidense Joshua Bell, o pianista Emanuel Ax, e o tamén pianista chinés Lang Lang facendo deles mesmos.[8] Joshua Bell aparece novamente no episodio "Creative Solutions For Creative Lives", o noveno da terceira tempada, como reforzo para a orquestra que dirixe Hailey.[9]

O compositor estadounidense Nico Muhly aparece en "The Modern Piece",o segundo episodio da terceira tempada encarnándose a si mesmo.[10] No quinto episodio da terceira tempada aparece o tenor español Plácido Domingo interpretando un duetto con ""La Fiamma", interpretada por Monica Bellucci,[11] que tamén aparece nos catro episodios anteriores encarnando á diva italiana ficticia.[12]

En "Significant Lover", o terceiro episodio da quinta tempada, aparece a compositora estadounidense Caroline Shaw encarnándose a si mesma.[13] Tamén na cuarta tempada, no noveno episodio ("I Want You To Think Of Me") a cantante rock Joan Jett interprétase a si mesma.[14]

Tempadas[editar | editar a fonte]

TempadaEpisodiosEmisión orixinal
Primeiro episodioÚltimo episodio
1106 de febreibro de 201423 de decembro de 2014
21030 de decembro de 2015[15]30 de decembro de 2015[15]
3109 de decembro de 2016[16]9 de decembro de 2016[16]
41016 de febreiro de 2018[17]16 de febreiro de 2018[17]

Recepción[editar | editar a fonte]

The first season of the series received positive reviews from critics. Review aggregator Rotten Tomatoes gave the series a 'fresh' 95% rating based on 20 critic reviews, with the critical consensus "Though confined to the isolated world of classical music, Mozart in the Jungle's Gael Garcia Bernal makes this charming little show sing."[18] Metacritic gave the series a 73 out of 100, indicating 'generally favorable reviews.'[19] Cory Barker, writing for TV.com, praised the series. "What works so well is that Mozart isn't afraid to throw you into a world you're likely unfamiliar with, but it doesn't swim so far into the deep end that you immediately drown in jargon and distanced dramatic stakes."[20] Robert Lloyd, writing for The Los Angeles Times, also lauded the first season. He stated that "Characters who were mouthpieces for attitudes start to seem like people, more complicated than a thumbnail description can accommodate. You grow interested in what will become of them without expecting or rooting for any particular outcome."[21] Kory Grow of Rolling Stone also praised the series, writing that "[t]hanks to quirky scripts and a smart ensemble cast... it comes off whimsical without ringing off-pitch."[22]

Tim Goodman of The Hollywood Reporter also gave the first season a positive review. "Bernal is both likable and magnetic, and makes the eclectic maestro surge on the screen. He alone is worth streaming the series, but, thankfully, there's a lot more going on here."[23] Brian Lowry, writing for Variety, also lauded the series. "While Mozart is surely a niche confection, the show generally shines by proving long on charm even when it's short on laughs."[24] In a more mixed review, Jeff Jensen of Entertainment Weekly gave the series a B-.

Crítica[editar | editar a fonte]

While socially-minded critics have praised the show's push for gender equity, the almost all-white orchestra and main cast has drawn fire from critics at NPR for being unrealistic, given the prevalence of East Asian musicians in real-life orchestras.[25]

Premios[editar | editar a fonte]

Ano Premio Categoría Nomeadas/os Resultado Ref.
2015 Imagen Foundation Awards Mellor Actor - Televisión Gael Garcia Bernal Gañador [26]
2016 Premios Globo de Ouro Mellor Serie de Televisión - Comedia Mozart in the Jungle Gañador [27]
Mellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou Comedia Gael Garcia Bernal Gañador
Premios Primetime Emmy Outstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and Animation Thomas Varga, Andy D'Addario, Bill Higley, Chris Navarro (por "Nothing Resonates Like Rhinoceros Foreskin") Gañador [28]
Imagen Foundation Awards Best Actor - Television Gael García Bernal Gañador [29]
2017 Premios Globo de Ouro Mellor Serie de Televisión - Comedia Mozart in the Jungle Nomeado [30]
Mellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou Comedia Gael Garcia Bernal Nomeado
Premios Primetime Emmy Outstanding Cinematography for a Single-Camera Series (Half-Hour) Tobias Datum (por "Now I Will Sing") Nomeado [31]
Outstanding Production Design for a Narrative Program (Half-Hour or Less) Tommaso Ortino, Susanna Codognato, Letizia Santucci (por "Now I Will Sing") Nomeado
Outstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and Animation Andy D'Addario, Gary Gegan, Marco Fiumara (por "Now I Will Sing") Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gans, Andrew (12 de marzo de 2014). "Amazon Studios Picks Up "Mozart in the Jungle" Pilot Starring Bernadette Peters". playbill.com (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  2. Burton, Louise (11 de decembro de 2013). "Amazon’s TV Pilot ‘Mozart in the Jungle,’ with Joshua Bell and Malcolm McDowell, Is a Tale of Sex, Drugs and…Classical Music?" (en inglés). Classicalite. Arquivado dende o orixinal o 2014-01-21. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  3. Ramey, Corinne (6 de decembro de 2013). "Amazon Studios' 'Mozart in the Jungle' Offers New View of Music World". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  4. Littleton, Cynthia (6 de abril de 2018). "‘Mozart in the Jungle’ Canceled After Four Seasons at Amazon". Variety.com (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  5. "Amazon cancela "Mozart in the Jungle", protagonizada por Gael García Bernal". La Vanguardia (en castelán). 7 de abril de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  6. Cooper, Michael (24 de xullo de 2016). "Ni siquiera Plácido Domingo puede decirle que no a ‘Mozart in the Jungle’". The New York Times (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  7. "Stern Papa (2015). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  8. "Touché Maestro, Touché (2015). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  9. "Creative Solutions For Creative Lives (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  10. "The Modern Piece (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  11. "Now I Will Sing (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  12. "Monica Bellucci" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  13. "Significant Lovera (2018). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  14. "I Want You To Think Of Me" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  15. 15,0 15,1 Gambino, Joe (30 de decembro de 2015). "Second Season of "Mozart in the Jungle," Starring Bernadette Peters, Arrives Today". playbill.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  16. 16,0 16,1 Butler, Karen (7 de agosto de 2016). "'Mozart in the Jungle' to kick off Season 3 on Dec. 9". upi.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  17. 17,0 17,1 Butler, Karen (12 de decembro de 2017). "Amazon anuncia el regreso de 'Mozart in the jungle' con el tráiler de la temporada 4". espinof.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  18. "Mozart in the Jungle: Season 1". Rotten Tomatoes. Consultado o 2015-12-31. 
  19. "Mozart in the Jungle - Season 1". Metacritic. Consultado o 2015-12-31. 
  20. Barker, Cory (2015-01-06). "4 Reasons Why You Should Binge-Watch Amazon's Mozart in the Jungle This Week". TV.com. Consultado o 2015-12-31. 
  21. Lloyd, Robert (2014-12-23). "Review 'Mozart in the Jungle' on Amazon gets good after woeful pilot". The Los Angeles Times. Consultado o 2015-12-31. 
  22. Grow, Kory (2014-12-22). "Bittersweet Symphony: Inside the Sex and Drugs of 'Mozart in the Jungle'". Rolling Stone. Consultado o 2015-12-31. 
  23. Goodman, Tim (2014-12-23). "'Mozart In the Jungle': TV Review". The Hollywood Reporter. Consultado o 2015-12-31. 
  24. Lowry, Brian (2014-12-17). "TV Review: Amazon’s ‘Mozart in the Jungle’". Variety. Consultado o 2015-12-31. 
  25. "What We Love And Hate About 'Mozart In The Jungle'". Consultado o 2018-05-08. 
  26. "2015 Imagen Awards Winners, Honorees & Nominees" (en inglés). The Imagen Foundation. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  27. "Winners & Nominees 2016" (en inglés). Hollywood Foreign Press Association. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  28. "68th Emmy Awards Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  29. "Winners of 31st Annual Imagen Awards Announced" (en inglés). The Imagen Foundation. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  30. "Winners & Nominees 2017" (en inglés). Hollywood Foreign Press Association. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  31. "69th Emmy Awards Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 13 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]