Metalocalypse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Metalocalypse

Editar o valor em Wikidata
FormatoSerie animada
Creado porBrendon Small
Tommy Blacha
IntérpretesBrendon Small
Tommy Blacha
Mark Hamill
Victor Brandt
Malcolm McDowell
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Brendon Small
Tommy Blacha
Keith Crofford
Nick Weidenfeld
Duración11 mins. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeAdult Swim
Teletoon
Primeira emisión6 de agosto de 2006
Derradeira emisión27 de outubro de 2013
Na rede
http://www.adultswim.com/shows/metalocalypse/
IMDB: tt0839188 Allocine: 8846 Metacritic: tv/metalocalypse TV.com: shows/metalocalypse Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Metalocalypse é unha serie animada estadounidense en Flash creada por Brendon Small e Tommy Blacha e emitida por Adult Swim, iniciada o 6 de agosto de 2006.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Metalocalypse segue as aventuras da banda de metal Dethklok, parte norteamericana e parte norte-escandinava. Aínda que o nome usualmente escríbese "Dethklok", case todos os logos da banda están escritos: "Dethkløk".

Gozan dun nivel de popularidade incrible na realidade, chamados "A duodécima economía máis grande da Terra". Son tan populares que os seus fans farán calquera cousa que digan as súas cancións, ata se significase a morte. Se Dethklok apoia unha marca, instantaneamente convértese na única fonte para ese produto, pois todos os competidores teñen que pechar por falta de vendas.

A popularidade sobrenatural da banda capturou a atención dun grupo coñecido como O Tribunal. Cada episodio mostra un intento deste grupo sinistro para destruír á banda, pois sospeitan que son parte dunha profecía apocalíptica de Sumeria.

Os concertos da banda son notoriamente violentos, frecuentemente producindo danos nunha boa parte dos espectadores. Ata os seus intentos de participar en obras de caridade resultan en moitas mortes aínda que sen importar estes perigos, a xente ama tanto os concertos de Dethklok que, para poder entrar, asinan contratos que liberan á banda de calquera responsabilidade legal.

Os membros da banda viven xuntos nunha xigantesca mansión chamada Mordhaus nunha rexión non especificada, chamada Mordland. Os personaxes de Dethklok son xeralmente sociopáticos e ineptos en calquera cousa que non teña que ver coa música, excepto para negociar os seus contratos.

A pesar do inmenso éxito da banda, todos os membros teñen problemas de baixa autoestima que se mostran en varios niveis no programa. Tamén son ridículamente adiñeirados, e xa que logo poden escaparse de calquera responsabilidade.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Nathan Explosion - Vocalista. Letrista visionario e brutal.
  • Pickles - Batería. Volveuse o batería máis aclamado despois de liderar unha banda de rock chamada Snakes 'n' Barrels.
  • Skwisgaar Skwigelf - Guitarrista. Sueco. É o guitarrista máis rápido aínda vivo.
  • William Murderface - Baixista. Ninguén no mundo está máis cheo de odio que el.
  • Toki Wartooth - Guitarrista. Noruegués. Segundo guitarrista máis rápido do mundo.

Lanzamento de The Deathalbum[editar | editar a fonte]

O 25 de setembro de 2007 foi lanzado o primeiro álbum de Dethklok, titulado The Dethalbum. O álbum consiste nunha combinación de cancións da serie como temas novamente creados.

Vendendo 33.741 copias na primeira semana do seu lanzamento, o álbum debutou no posto 21 en Billboard 200, convertendo The Dethalbum no álbum de death metal máis exitoso de tódolos tempos.[1] Ademais, foi descargado 45.000 veces despois de subirse ao sitio de Internet AOL Music durante a semana na que se lanzou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Blabbermouth.net". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2009. Consultado o 12 de abril de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]