Magna Lykseth-Skogman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMagna Lykseth-Skogman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nb) Magna Elvine Lykseth Editar o valor em Wikidata
6 de febreiro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Oslo, Noruega Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
concello de Danderyd, Suecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia
Noruega Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1898 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorÓpera Real Sueca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata


Musicbrainz: 4a8ba0d1-b720-4efc-88c5-8202985acfe8 Discogs: 1233642 Editar o valor em Wikidata

Magna Elvine Lykseth-Skogman, nada en Oslo o 6 de febreiro de 1874, e finada en Danderyd o 13 de novembro de 1949, tamén coñecida como Magna Lykseth-Schjerven, foi unha cantante soprano de ópera. Despois de debutar na Ópera Real Sueca en 1901 como Santuzza na Cavalleria rusticana de Mascagni, estivo comprometida alí ata 1918 converténdose na prima donna da compañía. Interpretou papeis principais nunha ampla gama de óperas, pero é lembrada en particular polas súas interpretacións wagnerianas, intepretando a Brünnhilde nas estreas suecas de Siegfried e Götterdämmerung' ', e Isolda en 1909. Considerada unha das cantantes de ópera suecas máis destacadas da súa xeración, foi galardoada coa medalla Litteris et Artibus en 1907 e converteuse en membro da Real Academia Sueca de Música en 1912.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Magna Elvine Lykseth naceu na actual Oslo, Noruega (daquela Christiania, Suecia-Noruega), o 6 de febreiro de 1874. Completou os seus estudos en Christiania, e despois comezou a preparación da súa voz no Conservatorio de Christiana con Ida Basilier-Magelssen.[4] En 1894 trasladouse a Estocolmo, onde foi alumna de John Forsell no Real Conservatorio de Estocolmo. Tamén estudou en Alemaña, adquirindo experiencia no Festival de Bayreuth.[1] De 1901 a 1910, estivo casada co comerciante noruegués Olav Schjerven e dende 1911 co barón sueco Karl Skogman.[4]

En 1898, debutou nun concerto antes de ir de xira por Suecia coa compañía de ópera de Oscar Lomberg, onde os seus papeis incluíron a Leonora en Il trovatore de Verdi e Philine en Mignon de Ambroise Thomas.[4] En 1901, Lykseth fixo o seu debut na Real Ópera Sueca como Santuzza na Cavalleria rusticana de Mascagni, seguida de Marguerite na Faust de Gounod.[4] During her engagement with the company until 1918, she became particularly successful in her Wagnerian roles, creating the Swedish premieres of Brünnhilde in Siegfried (1905) e Götterdåmmerung (1907), e en 1909 fixo o papel principal en Tristan und Isolde.[1] Foi a intérprete convidada frecuente no Teatro Nacional de Oslo onde estreou Tosca (1908) de Puccini e Aida (1909) de Verdi.[2] Debido ao seu amplo repertorio, fíxose moi popular en Suecia. Como resultado, ademais dunhas cantas actuacións convidadas en Dinamarca e Suecia, viaxou pouco.[1] O seu amplo rango de voz e as súas actuacións escénicas contribuíron ao seu éxito na ópera italiana, incluíndo a Desdémona en Otello. Entre os seus moitos outros papeis estaban a de condesa en As vodas de Fígaro de Mozart, Leonora na Fidelio de Beethoven e Micaela na Carmen de Bizet.[4]

Magna Lykseth-Skogman morreu en Estocolmo o 13 de novembro de 1949.[1]

Galardóns[editar | editar a fonte]

En 1907, foi honrada coa medalla sueca Litteris et Artibus e en 1912 converteuse en membro da Real Academia Sueca de Música.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Kutsch, Karl-Josef; Leo Riemens, Leo (2012). Lykseth-Schjerven, Magna in Großes Sängerlexikon, Band 4 (en alemán). Walter de Gruyter. p. 2828. ISBN 978-3-598-44088-5. 
  2. 2,0 2,1 Hurum, Maud. "Magna Lykseth (Skogman Schjerven) (1874-1949)" (en noruegués). Norsk musikkhistorisk arkiv. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  3. Arakelyan, Ashot (13 de xaneiro de 2016). "Magna Lykseth-Schjerven (Soprano) (Oslo, Norway 6. 2. 1874 † Stockholm, Sweden 13. 11. 1949)". Forgotten Opera Singers. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Lykseth-Skogman, Magna Elvire in Svenska män och kvinnor : biografisk uppslagsbok / 5. Lindorm-O /" (en sueco). Projekt Runeberg. 1948. Consultado o 24 de abril de 2022.