Saltar ao contido

Cavalleria rusticana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cavalleria rusticana
Imaxe
 Instancia de
 Título
Cavalleria Rusticana (it) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Cavalleria rusticana (it) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Personaxes
Alfio (en) Traducir
Nunzia
Lola (en) Traducir
Turiddu (en) Traducir
Santuzza (en) Traducir
Villagers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Discografía
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
Datas
 Fundación / creación
2020 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
século XIX Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
17 de maio de 1890 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Nº de partes
1 acto
2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF183883555 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0716v5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IBDB: 10428
IMSLP: Cavalleria_rusticana_(Mascagni,_Pietro) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Cavalleria rusticana (en galego Cabaleirosidade rústica) é unha ópera verista nun acto con música de Pietro Mascagni e libreto en italiano de Giovanni Targioni-Tozzetti e Guido Menasci baseada nun conto de Giovanni Verga. Foi estreada o 17 de maio de 1890 no Teatro Costanzi de Roma. Cavalleria rusticana segue a ser unha das óperas máis populares; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 27 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, seendo a 16.ª en italiano e a primeira de Mascagni.

Foi presentada nunha dobre función con Pagliacci de Ruggero Leoncavallo. As dúas óperas son demasiado curtas como para podelas representar xuntas nunha soa función. De feito, dende 1903 -cando se interpretou por primeira vez en Nova York- en tódolos escenarios do circuíto operístico mundial adóitanse interpretar xuntas nun programa dobre chamado Cav/Pag.[1]

Ambientada na Sicilia de finais do século XIX, ten como protagonistas un rapaz que volta do servizo militar (Turiddu) e unha xove (Santuzza), que teñen un idilio (encendido por parte dela; de despecho por parte del, porque viu que se romperan os seus plans de voda con Lola, a promesa de toda a súa vida, que agora está casada con outro home).

O famoso intermezzo, foi empregado na banda sonora da película O padriño III, o desenlace da cal ten lugar tamén durante unha representación desta ópera no Teatro Massimo de Palermo . Tamén a obra é representada no tema principal do filme de Martin Scorsese Touro salvaxe.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Intérpretes o 17 de maio de 1890
Director: Leopoldo Mugnone
Santuzza (xove aldeá) soprano Gemma Bellincioni
Turiddu (aldeán de regreso do exército) tenor Roberto Stagno
Alfio (arrieiro) barítono Guadenzio Salassa
Lola (dona de Alfio) mezzosoprano Annetta Guli
Mamma Lucia (nai de Turiddu) contralto Federica Casali
Campesiños, nenos, arrieros etc.
  1. Sims, M. 2007

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.