Prima donna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adelina Patti, prototipo da Prima Donna do século XIX.
Dame Nellie Melba.
A temperamental Maria Jeritza.

No ámbito da ópera, prima donna é o termo en italiano que se usa para designar á primeira cantante, muller que desempeña os papeis principais e que xeralmente é soprano. O correspondente termo para o principal masculino é o de primo uomo, normalmente tenor.

Historicamente as prime donne foron motivo de certas rivalidades entre as persoas afeccionadas á ópera, dividíndose en "clubs" contrarios que apoiaban a unha cantante sobre outras. Exemplos hainos desde os inicios da ópera. Un dos primeiros casos foi o que se deu no século XVIII entre Faustina Bordoni e Francesca Cuzzoni, dúas cantantes que en Londres disputaron a primacía por riba mesmo dos castrati e que nunha ocasión chegaron a enfrontarse a golpes no transcurso dunha representación en presenza da princesa de Gales.

No século XIX foi famoso o enfrontamento en París entre María Malibrán e Henriette Sontag culminou cando a última casou cun membro da nobreza e retirouse na súa plenitude vocal.

Unha das máximas divas en todos os sentidos foi Adelina Patti que chegou a cobrar por cada nota que cantaba, amasando unha fortuna inmensa.

No século XX unha das rivalidades máis famosas, foi a que houbo entre os admiradores de María Calas e os de Renata Tebaldi, que nos anos 50's e 60's encheu portadas de revistas e xornais e que culminou cun encontro entre as dúas cantantes en 1968 no que se reconciliaron.

Outra rivalidade entre sopranos foi a ocorrida entre Lotte Lehmann e Maria Jeritza en Viena antes da segunda guerra mundial.

Anteriormente Lillian Nordica mantivo unha seria rivalidade coa afamada soprano australiana Nellie Melba.

O ridículo mundo das rivalidades entre divas está ironizado no filme E la nave va de Federico Fellini.

Debido ás súas posibles connotacións pexorativas, caprichosas, temperamentais e demandantes, o termo prima donna e Diva caeu en desuso para referirse ás cantantes de ópera e música popular na actualidade e só se usa en contadas ocasións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]