Mageia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mageia
Mageia Logo
Mageia 5 con KDE
Desenvolvedor Fundación Mageia
Familia de S.O. Linux
Lanzamento 1 de xuño de 2011
En galego Si[1]
Espazo de usuario Varios (KDE Plasma 5, GNOME, Xfce, LXQT entre outros)
Modelo de desenvolvemento Código aberto
Núcleo Linux
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza GPL e outras
Última versión estable 5.1 2 de decembro de 2016
Estado actual En desenvolvemento
Precedido por Mandriva Linux
Sitio web www.mageia.org

Mageia é unha distribución de Linux sustentada polo "proxecto Mageia". Créana como un fork de Mandriva Linux algúns dos antigos empregados franceses de Mandriva, que abren o seu desenvolvemento á comunidade en 2010.[2] Esta orientada a ser un sistema espable para escritorio e servidores.


Creación[editar | editar a fonte]

O día 18 de setembro de 2010, un grupo de antigos empregados de Mandriva co apoio de membros da comunidade, anunciaron que crearan un Fork de Mandriva Linux, é dicir, crearíase unha nova distribución dirixida pola comunidade, chamada Mageia. Esta acción deuse como resposta á noticia de que a maioría dos empregados que traballaban na distribución Mandriva foran despedidos cando Edge-IT (unha filial de Mandriva) foi liquidada. O grupo explicou que "non querían ser dependentes nin das flutuacións económicas nin dos movementos estratéxicos sen explicación da compañía". A organización Mageia administrará e coordinará a distribución: código, aloxamento do software, distribución, sistema de empaquetado, mercadeo, comunicación e eventos. Os datos, feitos, programación de lanzamentos, deseños etc, serán compartidos e discutidos a través desta organización.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Os seguintes obxectivos déronse a coñecer no anuncio do 18 de setembro de 2010:

  • Facer Linux e o software libre e de código aberto accesible a todos.
  • Proporcionar ferramentas integradas para a configuración do sistema.
  • Manter un alto nivel de integración entre o sistema base, o escritorio (KDE/GNOME) e as aplicacións; mellorar especialmente a integración de terceiros (xa sexan aplicacións libre ou privativas).
  • Ter como obxectivo novas arquitecturas e formatos.
  • Mellorar a nosa comprensión sobre os usuarios de computadoras e dispositivos electrónicos.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O término "mageia" — μαγεία en grego— significa maxia. É unha referencia ao mago Leon Mandrake, que daba nome á antiga distribución.

Versións[editar | editar a fonte]

Mageia é liberada nun ciclo de lanzamento de 9 meses, e cada nova versión ten soporte por 18 meses.[3]

A última versión estable é Mageia 5.1, liberada en decembro de 2016.[4]

Versión Lanzamento Fin do soporte[5] Versión do kernel
Versión 1 1/6/2011 1/12/2012 2.6.38.7
Versión 2 22/05/2012 22/11/2013 3.3.6
Versión 3 19/05/2013 26/11/2014 3.8.13
Versión 4 1/2/2014 19/9/2015 3.12.13
Versión 4.1 20/6/2014 19/9/2015 3.12.21
Versión 5 19/6/2015 2017 3.19.8
Versión 5.1 2/12/2016 2017 4.4.30
Versión 6 2017
Cor Lenda
Vermello Sen soporte
Amarelo Versión antiga aínda soportada
Verde Versión actual
Azul Lanzamento futuro


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Available locales in Mageia
  2. Mageia en Distrowatch.
  3. Neil Richards (July 18, 2011). "Mageia Goes For 9 Month Release Cycle". Muktware. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  4. Mageia 5 release notes
  5. https://www.mageia.org/en/support/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]