Xfce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xfce
Xfce logo.svg
XFCE-4.10-Desktop.png
Captura de Xfce 4.10
Desenvolvedor(es)Múltiples desenvolvedores
Última versión4.14
(12 de agosto de 2019)
Sistema operativoUnix-like
Lingua/sVarias
Galego: OK
TipoContorno de escritorio
LicenzaGPL, LGPL e BSD.
Sitio webwww.xfce.org

Xfce (pronunciado como letras individuais) é un contorno de escritorio para Unix e outros sistemas operativos baseadas nela como Linux, Solaris ou BSD. Está configurado para utilizarse co rato e os ficheiros de configuración normalmente están ocultos para o usuario normal.

Xfce pretende ser rápido e lixeiro, atractivo desde o punto de vista visual e fácil de usar.  Xfce encarna a filosofía tradicional de Unix de modularidade e reutilización.  Consiste en partes empaquetadas por separado, que xuntas fornecen todas as funcións do contorno de escritorio, pero poden ser seleccionadas en subconxuntos para adaptarse ás necesidades e preferencias do usuario.  Outra das prioridades de Xfce é a adhesión a estándares, especialmente os definidos en freedesktop.org.

Do mesmo xeito que GNOME, Xfce está baseado no kit de ferramentas GTK, pero non é unha copia («fork») de GNOME.  Emprega o xestor de xanelas Xfwm. A súa configuración pode facerse integramente co rato, tendo ademais ficheiros de configuración avanzada agochados ao usuario xeral. Xfce non fornece animacións de escritorio, aínda que o Xfwm ten compatibilidade para elas.

Desde febreiro de 2019 a web de Xfce, está dispoñible en galego.

Distribucións[editar | editar a fonte]

Distribucións que inclúen Xfce como contorno principal:

Outras inclúen Xfce como contorno opcional