Software de código aberto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O software de código aberto (Open-source software, OSS en inglés) é un tipo de programas de ordenador no que o código fonte é liberado baixo unha licenza na que o posuidor do dereito de copia garante ós usuarios o dereito de estudo, cambio e distribución a calquera e para calquera propósito.[1] Este tipo de programas pode ser desenvolto de xeito colaborativo, sendo un exemplo destacado de colaboración aberta.[2]

O seu desenvolvemento pode brindarse en diferentes perspectivas máis aló dunha única compañía. Un informe de 2008 do Grupo Standish estableceu que a adopción de programas de código aberto teñen resultado en aforros duns 60 000 millóns de $ cada ano para os consumidores.[3][4]

Os programas de código aberto gardan semellanza en algúns aspectos co software libre, e constitúen a base dun movemento, o movemento de software de código aberto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. St. Laurent, Andrew M. (2008). Understanding Open Source and Free Software Licensing. Sebastopol: O'Reilly Media, Inc. ISBN 9780596553951. OCLC 609841443. 
  2. Prietula, Michael; Levine, Sheen (2014-06-29). "Open Collaboration for Innovation: Principles and Performance" (en inglés). 
  3. "Creating wealth with free software". web.archive.org. 2008-09-08. Consultado o 2019-09-02. 
  4. "Standish Newsroom - Open Source". web.archive.org. 2012-01-18. Consultado o 2019-09-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.