Saltar ao contido

Debian GNU/Linux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debian GNU/Linux
Debian logo
Debian GNU/Linux 11 (Bullseye) co escritorio GNOME
DesenvolvedorDebian Project
Familia de S.O.Unix-like
Lanzamento16 de agosto de 1993
Interface de usuarioGNOME, KDE, Xfce ou LXDE
LicenzaSoftware libre, principalmente GNU GPL, e outras
Última versión estable11.0 (Bullseye) 14 de agosto de 2021
Sitio webwww.debian.org

Debian GNU/Linux, organizada a través do Proxecto Debian, é unha distribución Linux de software libre moi usada e desenvolvida a través da colaboración de voluntarios de todo o mundo. Dende os seus comezos, o sistema Debian GNU/Linux, baséase no Kernel de Linux, con moitas tarefas básicas do sistema operativo realizadas co software do Proxecto GNU.

Debian é coñecida polo seu seguimento da filosofía de Unix e do software libre e pola abundancia de opcións —a versión actual inclúe sobre quince mil paquetes de software para once arquitecturas de computador. Debian GNU/Linux é a base de moitas outras distribucións como Knoppix, Ubuntu Linux, a galega Trisquel, ou a desenvolvida pola Asociación Galega de Usuarios de Linux (AGNIX) GNIX.

Debian tamén é moi coñecida polo seu sistema de empaquetamento APT, polas súas estritas políticas de mantemento da calidade dos seus paquetes e versión e polo seu sistema aberto de desenvolvemento e probas. Estas prácticas permiten fáciles instalacións e eliminacións de paquetes de software sen reiniciar o computador.

Debian finánciase mediante doazóns a través da Software in the Public Interest, que patrocina diversos proxectos de software libre.

Debian foi creada en 1993 por Ian Murdock, un estudante da Universidade de Purdue , que escribiu o Debian Manifesto (Manifesto Debian) , para a creación dunha distribución de Linux para ser mantida dunha maneira aberta, no espírito de Linux e a GNU. Escolleu o nome combinando o nome de pía da que daquela era a súa noiva (actual esposa), «Debra» co seu propio nome «Ian», formando o acrónimo «Debian», pronunciándose tal como se escribe.

O proxecto Debian medrou ao principio lentamente e as primeiras versións 0.9x lanzáronse en 1994 e 1995. As primeiras portaxes a outras arquitecturas comenzaron en 1995 e a primeira versión 1.x de Debian foi lanzada en 1996. Tamén en 1996 Bruce Perens substituíu a Ian Murdock como líder do proxecto. Como suxestión do desenvolvedor Ean Schuessler, guiou o proceso de edición do Contrato Social Debian e as Debian Free Software Guidelines, definindo os compromisos fundamentais para o desenvolvemento da distribución. Tamén iniciou a creación da organización que a ampara, Software in the Public Interest.

Bruce Perens deixouno en 1998 antes da publicación (release) da primeira Debian baseada en glibc, 2.0. O proxecto procedeu a elixir novos líderes e facer dúas publicacións máis 2.x, cada unha incluíndo máis portes e máis paquetes. APT (Ferramenta avanzada de empaquetamento) foi creada durante este tempo e o primeiro porte a un Kernel non-Linux, Debian GNU/Hurd, tamén foi comezado. As primeiras distribucións Linux baseadas na Debian, Corel Linux e Stormix apareceron en 1999. Aínda que non continuaron, esas distribucións foron as primeiras de moitas distribucións baseadas na Debian.

A finais de 2000 o proxecto fixo grandes cambios para a xestión de publicacións e o arquivado. Reorganizou o proceso de arquivo de software a cos "bancos de paquetes" (package pools) e creando a póla "testing" (probas) coma unha continuación do desenvolvemento, unha área relativamente estable para as novas publicacións. En 2001,¡ os desenvolvedores comezaron a ter un congreso anual chamado Debconf, con charlas e obradoiros para desenvolvedores e usuarios técnicos.

Olle A Brief History of Debian para unha historia máis extensa.

Datas de publicación de Debian

[editar | editar a fonte]

A última versión de Debian chámase Wheezy. No 2013, a última versión estable é a 7.1, coñecida como Wheezy.

Ademais, unha versión estable recibe pequenas actualizacións (chamadas revisións puntuais) marcadas, por exemplo, 3.0r1.

Lista das datas de publicación das distintas versións de Debian e o seu nome clave:

Como consecuencia de que un distribuidor non oficial fixo unha versión denominada "1.0", nunca existiu unha versión oficial chamada "1.0". A seguinte versión que segue á 3.1 (a 4.0) ten o nome clave etch tiña o seu lanzamento previsto para o Nadal de 2006, mais quedou adiado ata o 2 de abril de 2007 http://lists.debian.org/debian-devel-announce/2007/03/msg00012.html.

Os nome claves das edicións de Debian son nomes das personaxes do filme de animación 3D Toy Story.

Ir a http://debian.semistable.com/releases.gif para ver un gráfico coas datas de publicación, actualizacións, e seguridade.

Adaptacións a varios núcleos

[editar | editar a fonte]

O Proxecto descríbese a si mesmo como a creación do "Sistema Operativo Universal" e está desenvolvendo portes a diversos núcleos de Sistemas Operativos:

Aínda non apareceron versións oficias de portes a núcleos diferentes de Linux, así que actualmente Debian é exclusivamente unha distribución GNU/Linux.

Desenvolvemento de versións

[editar | editar a fonte]

Os paquetes de software en desenvolvemento son subidos ás pólas chamadas unstable ("inestábel"; tamén coñecida por sid) e a experimental.

Normalmente os paquetes de software subidos á póla unstable son versións publicadas polo desenvolvedor orixinal upstream (na póla de desenvolvemento) que xa son por elas mesmas estables, pero con empaquetado e outras modificacións específicas da Debian introducidas polos desenvolvedores Debian que poden ser novas e non testadas. O software que é mesmo inestable, que non está preparado para a póla unstable, colócase na póla experimental.

Despois de que un paquete de software permanecera en unstable unha certa cantidade de tempo, e dependendo da urxencia dos cambios na nova versión, ese paquete é automaticamente migrado a outra póla chamada testing ("probas"). Se non hai erros máis serios (release-critical, "críticos se publicados") no paquete son reportados e se os outros paquetes dos que o paquete depende para o funcionamento, son cualificados para incluírse en testing polo mesmo criterio.

Debido a que as actualizacións para os paquetes de software Debian entre publicacións oficiais non conteñen novas características, as pólas testing e unstable son empregadas por algúns para os seus paquetes máis novos. Porén, o software en testing e unstable é menos testado; no final, ás veces, as actualizacións incautas poden quebrar seriamente a funcionalidade operativa do software.

Organización do proxecto

[editar | editar a fonte]
Diagram of the organisational structure of the Project

O Proxecto Debian é unha organización voluntaria con tres documentos fundacionais:

  • O Contrato Social Debian define un conxunto de principios básicos polos cales se rexen o proxecto e seus desenvolvedores.
  • As Directrices de Software Libre Debian definen o criterio de "software libre" e tamén que software é permisible na distribución, tamén referenciado no Contrato Social. Estas directrices foron ademais adoptadas coma as bases da Definición de Código Aberto.
  • A Constitución Debian describe a estrutura organizativa para a toma formal de decisións dentro do Proxecto, e enumera os poderes e responsabilidades do Lider do Proxecto Debian, o Secretario do Proxecto Debian, e dos Desenvolvedores Debian en xeral.

Actualmente, o proxecto inclúe varios miles de desenvolvedores. Cada un deles mantén algunha posición no proxecto, sendo mantemento de paquetes, documentación do software, mantemento da infraestrutura do proxecto, seguranza de calidade, ou coordinación nas liberacións. Os mantedores de paquetes teñen xurisdición sobre os seus propios paquetes, aínda que incrementalmente co-mantidos. Outras tarefas son xeralmente de dominio máis reducido, máis grupos de desenvolvedores en colaboración.

O proxecto mantén listas de correo e conferencias oficiais para a comunicación e coordinación entre desenvolvedores. Para cuestións cun único paquete ou dominio, un sistema de seguimento de bug é empregado tanto por desenvolvedores coma por usuarios finais. Informalmente, canles de IRC (principalmente na OFTC e nas redes Freenode son usadas para a comunicación entre desenvolvedores tamén coma por usuarios.

Xuntos, os desenvolvedores poden tomar decisións xerais comprometidas polo camiño dunha Resolución Xeral ou elección. Toda votación condúcese polo Cloneproof Schwartz Sequential Dropping, un Método Conducido de votación. O Líder do Proxecto é elixido cada ano por unha votación dos Desenvolvedores. O líder do Proxecto Debian ten varios poderes especiais, mais este poder está lonxe do absoluto, e é raramente usado. Baixo unha Resolución Xeral, os Desenvolvedores poden, entre outras cousas, destituír o líder, dar volta atrás a unha decisión por seu ou os seus delegados, ou emendar a constitución e outros documentos fundacionais.

O Líder algunhas veces delega autoridade noutros desenvolvedores a petición deles para realizar tarefas especiais. Xeralmente isto significa que o líder delega en alguén para comezar un novo grupo para unha nova tarefa, e gradualmente conseguir formar un equipo que continúe o traballo e regularmente expanda ou reduza as súas liñas como pensen que é mellor e como as circunstancias o permitan.

Talvez unha persoa máis importante para a Debian que o Líder é o Administrador de Publicación, que é quen marca as metas para a próxima liberación "stable", supervisa o proceso, e toma a decisión final sobre cando liberar.

Unha lista de moitos postos importantes no Proxecto Debian está dispoñible en a páxina web da organización da Debian.

Desenvolvedor, recrutamento, motivación e dimisión

[editar | editar a fonte]

O Proxecto Debian ten un fluxo estable de solicitantes desexando chegar a ser Desenvolvedores. Estes solicitantes deben pasar por un elaborado proceso de investigación que establece a súa identidade, motivación, comprensión das metas do Proxecto (encarnado no Contrato Social), e competencia técnica. Máis información no proceso do "Novo Mantedor" está dispoñible na páxina do Novo Mantedor da Debian

Os Desenvolvedores da Debian únense ao Proxecto por calquera número de razóns; algunhas que foron citadas no pasado inclúen:

  • o desexo a contribuír ao comunidade do software libre (practicamente todos os solicitantes son usuarios de software libre);
  • un desexo de ver algunha tarefa dun software específico cumprida (algúns ven a comunidade de usuarios Debian coma un valioso campo de probas para novo software);
  • un desexo para facer, ou gardar, a competitividade do Software Libre contra o alternativas propietarias;
  • un desexo de traballar de preto con xente que comparte algunhas das súas aptitudes, intereses, e metas (hai un forte sentido de comunidade dentro do Proxecto Debian que algúns solicitantes non experimentan nos seus traballos remunerados);
  • un simple gozo do proceso interactivo do desenvolvemento do software e do mantemento (algúns desenvolvedores teñen case un nivel obsesivo de dedicación a refinar e perfeccionar o software).

Os Desenvolvedores de Debian poden dimitir dos seus postos en calquera momento abandonando os paquetes dos que eles era responsables e notificando aos desenvolvedores e ao mantedor da keyring (así a súa autorización de subida pode ser revogada).

Ciclo de vida dos paquetes de Debian

[editar | editar a fonte]

Cada paquete de Debian ten un mantedor que se mantén ao tanto das publicacións dos autores do software e se asegura de que o paquete cumpre coa "Debian Policy", coherente co resto da distribución, e cumpre o padrón de calidade de Debian. Nas relacións cos usuarios e outros colaboradores, o mantedor usa o sistema de reporte de erros para informar e corrixir os erros. Tipicamente, hai un só mantedor para cada paquete, pero fórmanse pequenos grupos de desenvolvedores que "co-manteñen" paquetes grandes e complexos.

Periodicamente, un mantedor de paquetes fai a publicación dun paquete subíndoo ao directorio "entrante" (incoming) do arquivo de paquetes da Debian (ou unha "subida en espera" que periodicamente transmitirá os paquetes ao directorio entrante).

As subidas dos paquetes son procesadas automaticamente para asegurarse de que a subida está ben feita (todos os requisitos dos ficheiros son cumpridos) e que todos os paquetes soportan a sinatura dixital -- producida con software compatible-OpenPGP -- dun desenvolvedor da Debian. Todoa os desenvolvedores da Debian teñen chaves públicas. Os paquetes son asinados para poder rexeitar subidas dende fóra do proxecto, e para dar lugar a responsabilidades no caso de que un paquete conteña un erro (Computer bug), unha violación da política, ou código malicioso.

Se o paquete entrante é atopado validamente asinado e ben construído, é instalado no arquivo nunha área chamada banco (banco de recursos, "pool") e distribuído cada día a centos de espellos mundiais. Inicialmente, todos os paquetes aceptados subidos ao arquivo soamente son accesibles no grupo de paquetes "unstable" (pola "unstable", tamén chamada co nome en clave "Sid"), que contén as versións máis novas de cada paquete.

Porén, o novo código é tamén código non-probado, e aqueles paquetes soamente son distribuídos con absoluta limitación de responsabilidades. Para paquetes que chegan a ser candidatos á seguinte publicación da póla "stable" da distribución Debian, primeiro necesitan ser incluídos no banco "testing". Os requirimentos para que un paquete sexa incluído en "testing" son:

  • debe estar en unstable a cantidade de tempo apropiada (a duración exacta depende da "urxencia" da subida);
  • non debe ter maior número de erros "críticos para a liberación" presentados que os que ten na versión actual en testing. Erros críticos para liberación son aqueles erros que son considerados suficientemente serios para facer o paquete impropio para a liberación.
  • debe ser compilado para todas as arquitecturas listadas para liberación;
  • debe ser un paquete para unha arquitectura que estea listada para liberar (noutras palabras, paquetes para as arquitecturas que non están programadas para ser liberadas con todo o resto nunca serán considerados para "testing")
  • non debe depender de versións de calquera paquete que non cumpra as condicións anteriores.

Así, un erro crítico para a liberación nun paquete do cal dependen moitos paquetes, tal coma unha libraría compartida, pode evitar a entrada de moitos paquetes na área "testing", porque a libraría é considerada deficiente.

Periodicamente, o Xerente de Liberacións publica as directivas para os desenvolvedores en pedido para preparar a liberación, e de acordo con eles finalmente decide facer a liberación. Isto ocorre cando todo o software importante está razoabelmente actualizado no banco de candidatos para a liberación para todas as arquitecturas para as cales a liberación está pensada, e cando calquera das outras metas postas polo Xerente de Liberacións foron satisfeitas. Nese momento, todos os paquetes no banco candidato á liberación ("testing") pasan a formar parte do banco liberado ("stable").

É posible para un paquete -- particularmente vello, estable, e raramente actualizado -- pertencer a máis que un banco ao mesmo tempo. Os bancos son simplemente coleccións de apuntadores ao paquete en "pool" mencionado anteriormente.

Unha crítica habitual á Debian e sobre as liberacións: a póla stable pode volverse demasiado vella para ser útil para algúns propósitos. Esta crítica é oposta en algúns puntos pola existencia de:

  • Depósitos (Repositories) de paquetes backported (versións de paquetes actualizados compilados no contorno stable), tales coma en backports.org e apt-get.org
  • A póla testing da Debian, que contén software actualizado que é máis estable do que o seu nome indica. Formalmente a póla testing non ten soporte oficial de seguridade, pero isto no vai ser real por máis tempo a partir do 9 de setembro de 2005 http://lists.debian.org/debian-devel-announce/2005/09/msg00006.html]. Moitas distribucións derivadas basean as súas liberacións na póla testing de Debian.

Outra crítica é que algún software non está dispoñible na Debian porque non satisfai os estritos requirimentos de liberdade do Proxecto, por exemplo, o Adobe Acrobat reader non está dispoñible na Debian, pero hai outros visores de PDF na distribución Debian que posiblemente carecen de certa funcionabilidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]