Parabola GNU/Linux-libre
Desenvolvedor | Parabola Project development team |
---|---|
Familia de S.O. | GNU/Linux |
Modelo de desenvolvemento | Software libre |
Núcleo | Linux-libre (baseado en Linux) |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Múltiples licenzas libres das recoñecidas polo proxecto GNU.[1] |
Última versión estable | (Actualización continua) Disco de instalación 2017 05 28 [2] |
Estado actual | En desenvolvemento |
Sitio web | www.parabola.nu |
Parábola GNU/Linux-libre é un proxecto de software libre que ten como obxectivo proporcionar unha versión do Arch Linux completamente libre, con paquetes optimizados para i686, x86 64 e mips64. Parábola pretende que as ferramentas para a súa xestión e os paquetes sexan simples. O obxectivo é proporcionar total control sobre sistema con aplicacións 100% libres. Parábola GNU/Linux é recoñecido pola Free Software Foundation como un sistema operacional totalmente libre.[3]
O desenvolvemento céntrase na simplicidade do sistema, a inclusión da comunidade no desenvolvemento e en ofrecer os paquetes máis recentes en software libre. O seu deseño lixeiro e simple, fai que sexa fácil de entender a calquera outro tipo de sistema que desexe construír.
O contrato social do Parábola GNU/Linux
[editar | editar a fonte]O contrato social do Parábola GNU/Linux é un compromiso da distribución coa comunidade de software libre en xeral, e dos seus usuarios en particular. É por iso que o seu "contrato social"[1] pretende seguir a filosofía do coñecemento libre na súa totalidade. Ten como obxectivo que todas as alteracións a ese contrato social sexan fieis ao espírito do movemento do software libre.[1] Este contrato indica que:
- Parábola GNU/Linux é software libre: e que seguirá as directrices da distribución libre do sistema GNU[4], por iso non inclúe ou recomenda software propietario, ou de documentación relacionada, e non proporciona calquera soporte para a súa instalación ou execución. Isto abrangue ao software propietario, firmware binarios ou blobs binarios[5].
- Parábola GNU/Linux e outras distribucións: como o obxectivo do Parábola é apoiar o movemento do software libre márcanse soamente competir contra software non-libre. Parábola márcase como obxectivo apoiar outros proxectos de software libre da mellor maneira posible, como fornecendo información a partir deste no proxecto; e isto inclúe ao paquetes propios e os seus repositorios.
- Parábola GNU/Linux e a súa comunidade: a comunidade márcase regras democrática organizándose, para que a comunidade estea incluída sempre que haxa unha necesidade de tomar unha decisión. Pretenden incentivar a participación da comunidade no desenvolvemento do proxecto.
- Parábola GNU/Linux e ArchLinux: Parábola é a versión libre do Arch Linux, así que proporciona os repositorios e imaxes de instalación desta distribución sen ningún tipo de software non-libre. Pretenden seguir a filosofía KISS (Keep It Simple, Stupid[6]) de Arch e seu proceso de desenvolvemento. Nese sentido, Parábola mantén a retro-compatibilidade có Arch, co obxectivo de axudar a liberar as instalacións que xa están en uso e mantelas activas o maior tempo posible.
Historia
[editar | editar a fonte]Parábola foi orixinalmente unha idea dos membros do canal de IRC en inglés da gNewSense en 2009. Nese mesmo ano, xuntáronse os membros de diferentes comunidades do Arch, especialmente da lingua española, aínda que persoas de máis países contribuíron tanto no desenvolvemento e manutención de software e documentación. Hoxe, a comunidade de Parábola está dispersa internacionalmente.
O 20 de maio de 2011 o Parábola foi aceptada como unha distribución completamente libre polo proxecto GNU, cambiando parte da súa lista de distribucións de GNU/Linux libres.[7][8]
Diferenzas có Arch Linux
[editar | editar a fonte]O proxecto caracterízase por ofrecer apenas contido de software 100% libre nos repositorios oficiais do Arch Linux para as arquitecturas i686 e x86 84, ademais de proporcionar substitutos libres, cando fora posible, como no caso do kernel Linux-libre en vez de Linux.
O proceso de filtrado elimina nos repositorios cerca de 400 paquetes de software que non cumpren as catro liberdades do software por cada arquitectura.[9]
Desde o inicio de 2011 está sendo desenvolvido unha versión da distribución orientada para computadores que utilizan procesadores Loongson, que é un derivado da Arquitectura MIPS de 64 bits. Este desenvolvemento é realizado enteiramente polo proxecto da comunidade.
Características
[editar | editar a fonte]Como na distribución principal, Parábola usa o mesmo xestor de paquetes Pacman, e tamén é caracterizado por ser rolling release, é dicir, unha distribución que é constantemente actualizada, deste xeito os usuarios teñan sempre a versión mais recente do sistema.
Hai dúas maneiras de obtelo, sexa por imaxes ISO instalables [10] ou migrando dun sistema do tipo Arch Linux instalado anteriormente modificando a lista de repositorios polos repositorios do Parabola.[11]
A maioría dos seus paquetes son comprimidos usando o formato XZ, que usa o algoritmo LZMA.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Parabola Social Contract". Parabola project date = 3 de agosto de 2017. Consultado o 2 de agosto de 2017.
- ↑ "Get Parabola - Wiki de Parabola GNU/Linux-Libre".[Ligazón morta]
- ↑ Lista de distribucións libres de GNU/Linux no gnu.org
- ↑ Directrices da distribución libre do sistema GNU
- ↑ Con blob binario, na filosofía do software libre, fálase de módulos de kernel con licenzas que non son licenzas libres. Ás veces emprégase para firmware ou outras aplicacións.
- ↑ En referencia ao principio que xurdiu no naval norteamericano de que é mellor manter un proxecto sinxelo máis que un complexo.
- ↑ "Parabola GNU/Linux sumase á lista de FSF distribucións libres" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Parabola GNU/ Linux sumase á lista de FSF distribucións libres" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2011. Consultado o 12 de xaneiro de 2012.
- ↑ "blacklist.txt - blacklist.git - Nonfree packages found in Arch-based distributions repositories". git.parabola.nu. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ "Download Parabola GNU/Linux".
- ↑ "Liberta Arch Linux có Parabola GNU/Linux".