Saltar ao contido

Trisquel GNU/Linux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trisquel GNU/Linux
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Epónimo
Características
 Caracterizado por
 Movemento
 Baseado en
 Obra derivada
 Plataforma
 Licenza
Implicados
 Mantido por
 Creador/a
 Patrocinador/a
Datas
 Fundación / creación
2004 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
30 de xaneiro de 2007 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Versións
12.0 versión estábel (11 de abril de 2026)
10.0.1 versión estábel (26 de maio de 2022)
9.0.1 versión estábel (valor descoñecido)
10.0 versión estábel (31 de xaneiro de 2022)
11.0 versión estábel (19 de marzo de 2023)
9.0.2 legacy version (en) Traducir (31 de xaneiro de 2022)
3.0 (8 de setembro de 2009)
9.0 (16 de outubro de 2020)
4.0 (18 de setembro de 2010)
1.0 (30 de xaneiro de 2007)
2.0 (24 de xullo de 2008)
3.5 (22 de marzo de 2010)
8.0 (18 de abril de 2018)
6.0 (9 de marzo de 2013)
7.0 (3 de novembro de 2014)
4.5 (24 de marzo de 2011)
5.0 (17 de setembro de 2011)
5.5 (16 de abril de 2012) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/02pt5qh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Manual
 Repositorio
Wikidata C:Commons

Trisquel GNU/Linux é un proxecto de desenvolvemento de software iniciado pola Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, empregando exclusivamente software libre. Atópase dispoñíbel en inglés, galego, castelán, catalán, éuscaro. A versión Dwyn inclúe ademais soporte para francés, chinés, e hindi; optouse así mesmo por substituír o galego como idioma por defecto polo inglés. A última versión (marzo de 2018) é a 8.0 TLS e leva por nome Flidas.

O nome de Trisquel provén do coñecido símbolo celta tríscele (triskelion), que está conformado por tres espirais unidas en eixo. O logotipo desta distribución está feito con tres espirais de Debian unidas, como recoñecemento ao proxecto no que esta distro se basea.

O proxecto naceu en 2004 co apoio da Universidade de Vigo e foi oficialmente presentado en abril do 2005 con Richard Stallman, fundador do proxecto GNU, como invitado de honra. Comezouse a desenvolver a partir do proxecto Debian mais no lanzamento 2.0 cambiou os repositorios polos de Ubuntu, xa que está distribución ten plano de traballo mellor definido. O proxecto conta cos seus propios repositorios que parten dos compoñentes Ubuntu's main e universe, mais eliminando todo software privado.

En decembro de 2008 Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista distribucións GNU/Linux recomendadas logo de verificar seu compromiso tanto no uso do software 100% libre como no da súa promoción.

Diferenzas con Ubuntu

[editar | editar a fonte]

A diferenza de Ubuntu, Trisquel GNU/Linux eliminou todos os paquetes que non fosen software libre, substituíu o kernel orixinal por unha versión libre, e incluíu así mesmo paquetes alternativos.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Existen tres distribucións do proxecto dispoñibles para descarga. A denominada sinxelamente Trisquel está destinada a escritorio e uso persoal e que usa o escritorio MATE 1.12.[1] Ademais liberase a Trisquel Mini, unha versión lixeira con LXDE, e Trisquel Sugar TOAST, preparada para o espazo educativo co proxecto Sugar.[1] Todas elas están dispoñibles como imaxes iso para plataformas de 32 e de 64 bits. Dende a páxina oficial pódese descargar un Live-CD de cada unha delas excepto de Trisquel Pro xa que por mor do seu tamaño precisa ser gravada nun DVD-R.

A principal edición da distribución está deseñada para uso "caseiro", incluíndo soporte para redes, multimedia, deseño, oficina e desenvolvemento informático así coma varios xogos. Inclúe soporte e recursos para facer traballar DVD's e a maioría dos formatos de son e vídeo por defecto.

Trisquel Edu

[editar | editar a fonte]
Servidor de aulas LTSP Trisquel, administrado con iTALC.

O 21 de setembro de 2008 foi ceibada a primeira candidata para esta ferramenta educativa. Estaba baseada nas experiencias previas do proxecto no eido da ensinanza -debido ao seu vencellamento ao mundo universitario as primeiras versións de Trisquel incluían un bo feixe de ferramentas científicas, de enxeñería e tamén especificamente de ensinanza. Inclúe soporte para encerados dixitais de baixo custo que usan proxectores LCD e o control remoto da Nintendo Wii e software gratuíto específico que permite ser utilizado no canto doutras solucións de hardware máis custosas.

Trisquel Pro

[editar | editar a fonte]

Trisquel Pro é un sistema operativo destinado a pequenas empresas. Inclúe un conxunto de programas para xestión da empresa como Abanq, OpenbravoPOS e GnuCash entre outros. A escolma de aplicacións está complimentada con varias ferramentas versatis (all-purpose) que inclúen un firewall en modo gráfico, antivirus para escanear as particións Windows, e o Wine. Foi ceibado oficialmente na feira SIMO en novembro do 2007.

Lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Lenda:
sen soporte versión actual en desenvolvemento
VersiónNomeData de lanzamentoTipoSoporte ataBase
0.9Fyre10 de outubro de 2004Debian Unstable
0.95Ogmios6 de marzo de 2006Debian Unstable
0.97Morrigan6 de xullo de 2006Debian Unstable
0.99Nemain15 de xaneiro de 2007Debian Unstable
1.0Arianrhod30 de xaneiro de 2007Debian 4.0 Etch
1.5Sirona25 de outubro de 2007Debian Unstable
2.0Robur24 de xullo de 2008LTSUbuntu 8.04 (hardy)
2.1Robur18 de decembro de 2008LTSUbuntu 8.04 (hardy)
2.2Robur8 de agosto de 2009LTSUbuntu 8.04 (hardy)
3.0Dwyn11 de setembro de 2009STS2011 Ubuntu 9.04 (jaunty)
3.5Awen22 de marzo de 2010STS2011 Ubuntu 9.10 (karmic)
4.0Taranis18 de setembro de 2010LTS2015 Ubuntu 10.04 (lucid)
4.5Slaine24 de marzo de 2011STS2012 Ubuntu 10.10 (maverick)
5.0Dagda17 de setembro de 2011STS2014 Ubuntu 11.04 (natty)
5.5Brigantia16 de abril de 2012STS2014 Ubuntu 11.10 (oneiric)
6.0Toutatismarzo de 2013LTS2017 Ubuntu 12.04 (precise)
7.0Belenosnovembro de 2014LTS2019 Ubuntu 14.04 (trusty)
8.0[2]Flidas15 de maio de 2018LTS2020 Ubuntu 14.04 (trusty)
9.0Etiona-LTS-
  1. 1 2 "Trisquel 8.0 LTS Flidas" (en castelán). Proxecto Trisquel. Consultado o 15 de maio de 2015.
  2. "Trisquel 8.0 LTS Flidas" (en castelán). Proxecto Trisquel. Consultado o 15 de maio de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]