Mirambel
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Aragón | ||||
| Provincia | Provincia de Teruel | ||||
| Capital | Mirambel | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 107 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 45,470664 km² | ||||
| Altitude | 993 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Mari Carmen Soler Monfort (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 44141 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 44149 | ||||
| Sitio web | mirambel.es | ||||
Mirambel é un concello español da provincia de Teruel, Aragón, situado na comarca do Maestrazgo. A súa poboación era de 137 habitantes en 2004. Dista 113 km da cidade de Teruel.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está localizado ao pé da Muela de Monchén e xunto ao río Cantabiella. A súa área municipal ocupa 45,42 km²..
Historia
[editar | editar a fonte]Durante as guerras carlistas foi moi importante porque vivían na localidade altos cargos carlistas e era sede dalgúns dos seus centros oficiais como a Suprema de Aragón, Valencia e Murcia, nomeada polo mesmo pretendente Carlos María Isidro. Pío Baroja ambientou neste lugar a súa obra La venta de Mirambel.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Mirambel posúe unha boa riqueza monumental. No casco urbano érguese a fortaleza medieval, con murallas. Ao pé da torre do portal das Monxas atópase a praza de Madre Consuelo, relixiosa e mestra, destacan as celosías do convento cunha roseta hexapétala en relevo, símbolo pagán solar protector relacionado coa cardincha pirenaica.
Festas
[editar | editar a fonte]- Do 14 ao 18 de agosto: San Roque e A Nosa Señora da Asunción.
