Equino (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Elementos arquitectónicos na orde dórica.

Un equino (en grego antigo ἐχῖνος) é, en arquitectura, a parte central do capitel. Atópase debaixo do ábaco e é moi común nas columnas de orde dórica. Adoita ter forma discoide.

Capitel dórico do Templo de Hera en Olimpia. Pódese ver o equino con forma discoide debaixo do ábaco.