Estereóbata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estereóbata do templo de Segesta.

Unha estereóbata (do grego antigo στερεοβάτης: base sobre a que se apoia unha columna)[1] é, na arquitectura, unha base elevada sobre a que se sustentan os muros ou unha columnata.[2] Hai unha certa confusión terminolóxica sobre o concepto pois, ás veces, refírese ao conxunto da plataforma sobre a que se apoia a construción[3][4] e, noutras ocasións, denomínase así ao conxunto dos dous primeiros chanzos da plataforma.[5]

Grecia[editar | editar a fonte]

Na arquitectura grega, a plataforma sobre a que se ergue o templo denomínase crepidoma ou krepis. Consta, na orde dórica, de tres chanzos, dos cales, os dous primeiros denomínanse estereóbata, mentres o último chanzo é o que se coñece como estilóbata.

Roma[editar | editar a fonte]

Nos templos romanos, a base que fai a función de estereóbata chámase podio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lajo (1990), p. 74
  2. "Estereóbata". academia.gal. Consultado o 7-11-2019. 
  3. García (2016)
  4. Lapoulide, J. (1944). Diccionario gráfico de arte y oficios artísticos (en castelán). México D.F.: Ediciones Culturales de Publicaciones Herrerías. p. 82. 
  5. Santabárbara (2016)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]