Crepidoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crepidoma no templo de Segesta.

Na arquitectura clásica, chámase crepidoma (do grego krepìs, base) á plataforma graduada construída en pedra sobre a que se asenta un templo.

Na orde dórica, está conformada por tres chanzos que teñen a función de sobreelevar o edificio, separando simbolicamente a residencia dos deuses do nivel do chan. Na orde xónica e corintia varía o número de chanzos.

A parte superior do crepidoma chámase estilóbata (chanzo ou plano sobre o que apoian as columnas) e os chanzos inferiores estereóbata. A estrutura de pedra sobre a que se apoia o crepidoma (en pedra menos traballada porque non se ve) chámase euthynteria.

A crepidoma pode presentar decoracións como molduras ou outros motivos nas caras visibles. Ás veces, encóntranse tamén efectos ópticos, como no Partenón, onde toda a base é lixeiramente convexa para parecer, en perspectiva, máis amplo visualmente. Este efecto recibe o nome de éntase.

Notas[editar | editar a fonte]

  • De Vecchi, Pierluigi e Cerchiari, Elda (1999). I tempi dell'arte. Milán: Bompiani. ISBN 978-88-451-7107-9. 
  • Bertelli, Carlo; Briganti, Giuliano e Giuliano, Antonio (1990). Storia dell'arte italiana. "Dall’antichità all’alto Medioevo". Milán: Electa-Bruno Mondadori. ISBN 978-88-424-4655-2.