Lymantria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lymantria

Macho adulto de Lymantria dispar
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Noctuoidea
Familia: Erebidae
Subfamilia: Lymantriinae
Tribo: Lymantriini
Xénero: Lymantria
Hübner, 1819
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Lymantria é un xénero de insectos lepidópteros da familia dos erébidos (antes, da dos limantríidos),[1][2] que é o tipo da subfamilia dos limantriinos e da tribo dos Lymantriini.

A súa especie tipo é Lymantria monacha (Linnaeus, 1758).

As súas especies están amplamente distribuídas por Europa, o Xapón, a India, Sri Lanka, Myanmar, Xava e as Célebes.

Características[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero presentan dimorfismo sexual. Nos machos, os palpos están estendidos cara a adiante e cubertos de pilosidade. As antenas son longas. Nas femias, as antenas son dentadas, e as ás poden estar completamente desenvolvidas ou parcialmente reducidas, ou mesmo reducidas a simples escamas.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1819 polo entomólogo alemán Jacob Hübner,[4][5] nun traballo publicado en Verz. bekannter Schmett. 9 (11): 160.[6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Lymantria é unha voz do latín científico tirada da raíz do termo do grego antigo λυμαντἠς lymantḗs, "que estraga ou desfai", "destrutor", en alusión aos estragos que moitas especies deste xénero causan nas árbores, coa adición do sufixo latino -ia, indicando xénero feminino.[7]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Beatria Schintlmeister, 2004
  • Collentria Schintlmeister, 2004
  • Griveaudtria Schintlmeister, 2004
  • Hypogyma Hemming, 1937
  • Hypogymna Billberg, 1820
  • Hypogymnia Hübner, 1825
  • Nagunda Moore, 1879
  • Nyctria Schintlmeister, 2004
  • Pagella Kozhanchikov, 1950
  • Pantria Schintlmeister, 2004
  • Papuatria Schintlmeister, 2004
  • Porthetria Hübner, 1819
  • Psilura Stephens, 1828
  • Sarantria Schintlmeister, 2004
  • Spinotria Schintlmeister, 2004
  • Syntria Schintlmeister, 2004

Especies[editar | editar a fonte]

Neste xénero inclúense as seguintes especies:[4][8]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zahiri, Reza (2011). "Molecular phylogenetics of Erebidae (Lepidoptera, Noctuoidea)". Systematic Entomology 37: 102–124. 
  2. Lafontaine, Donald; Schmidt, Christian (19 Mar 2010). "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". ZooKeys 40: 26. doi:10.3897/zookeys.40.414. 
  3. Hampson, G. F. (1892). The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma: Moths Volume I. Taylor and Francis – vía Biodiversity Heritage Library. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Lymantria Hübner, 1819 no GBIF. Consultado o 28 de abril de 2021.
  5. Lymantria Hübner, 1819 no ITIS. Consultado o 28 de abril de 2021.
  6. Official Lists and Indexes of Names in Zoology. Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, 31 de marzo de 2012. Consultada 28 de abril de 2021.
  7. Lymantria no Merriam-Webster Dictionary.
  8. "Lymantria". Encyclopedia of Life. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2014. Consultado o 28 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Collenette, C. L. (1932): "New African and Indo-Australian Lymantriidae". Novitates zoologicae 37 (2): 159–180.
  • Collenette, C. L. (1932): "The Lymantriidae of the Malay Peninsula". Novitates Zoologicae 38: 49–102.
  • Lafontaine, J. D. & Schmidt, B. C. (2010): "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". Zookeys 40: 1–239.
  • Schintlmeister, A. (2004): "The Taxonomy of the genus Lymantria Hübner [1819] (Lepidoptera: Lymantriidae)". Quadrifina 7: 1–248. (Texto completo).
  • Wang, H., Wahlberg, N., Holloway, J. D., Bergsten, J., Fan, X., Janzen, D. H., Hallwachs, W., Wen, L., Wang, M. & Nylin, S. (2015): "Molecular phylogeny of Lymantriinae (Lepidoptera, Noctuoidea, Erebidae) inferred from eight gene regions". Cladistics 31 (6): 579–592.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]