Limantriinos (tribo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lymantriini»)
Lymantria dispar femia

A tribo dos limantriinos (Lymantriini) é unha das tribos de insectos lepidópteros da superfamilia dos noctuoideos, familia dos erébidos, unha das incluídas na subfamilia dos limantriinos.[1][2]

Esta tribo é un grupo de avelaíñas polifáxicas (que teñen grandes dexesos de comeren) que viven principalmente nas rexións tropicais de África e Eurasia, pero tamén en América do Norte.

Características[editar | editar a fonte]

Dentro da subfamilia dos limantriinos, os Liymantriini distínguense das outras tribos pola presenza de bandas escuras, xeralmente en zig-zag (ás veces en forma de media lúa) nas ás dianteiras, e con marcas en forma de "V" nas ás, así como unha mancha discal e outra rbicular. Tamén se caracterizan pola falta de aréola.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A tribo foi descrita en 1893 polo entomólogo inglés George Francis Hampson.[2]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome válido, o tribo coñeceuse tamén polo sinónimo:

  • Lymantriina Hampson, 1893 (Erro ortográfico).

Xéneros[editar | editar a fonte]

A tribo comprende os seguintes xéneros:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lymantriini Arquivado 02 de maio de 2021 en Wayback Machine.no ITIS. Consultado o 29 de abril de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lymantriini Hampson, 1893 en BioLibcz. Consultado o 29 de abril de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kühne, L. (2010): "Taxonomische Ergebnisse der bearbeitung der nachtfalterfauna des südlichen Afrikas (Lepidoptera: Noctuoidea)". Esperiana Memoir 5: 433–456.
  • Lafontaine, J. D. & Schmidt, B. C. (2010): "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". Zookeys 40: 1–239.
  • Wang, H., Wahlberg, N., Holloway, J. D., Bergsten, J., Fan, X., Janzen, D. H., Hallwachs, W., Wen, L., Wang, M. & Nylin, S. (2015): "Molecular phylogeny of Lymantriinae (Lepidoptera, Noctuoidea, Erebidae) inferred from eight gene regions". Cladistics 31 (6): 579–592.
  • Witt, T. J. & Ronkay, L., eds. (2011): Noctuidae Europaeae. Volume 13. Lymantriinae and Arctiinae, including phylogeny and check list of the quadrifid Noctuoidea of Europe. Sorø: Entomological Press. ISBN 978-87-89430-18-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]