Limantriinos
Limantriinos Lymantriinae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto de Lymantria dispar | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Tribos | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A dos limantriinos (Lymantriinae) é unha subfamilia de insectos lepidópteros pertencente á familia dos erébidos.[1][2]
Con ao redor de 3 000 especies, encóntranse en todo o mundo, aínda que están ausentes en Nova Zelandia, Hawai, as Antillas e Nova Caledonia.[3]
Durante moito tempo, o taxon tivo o rango de familia (Lymantriidae) dentro da superfamilia dos noctuoideos, pero foi establecido por Lafontaine e Fibiger (2006), despois dunha revisión das superfamilias da familia dos erébidos.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1893 polo entomólogo inglés George Francis Hampson.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válidos, a subfamilia coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Lymantriidae Hampson, 1893
- Orgyiidae Wallengren, 1861
- Dasychiridae Packard, 1864
Tribos
[editar | editar a fonte]A subfamilia actualemente divídese en sete tribos,[2] das que dúas non foron creadas até 2015, como resultado dun estudo de filoxenia molecular.[5]
- Arctornithini Holloway, 1999
- Daplasini Wang et al., 2015
- Leucomini Grote, 1895
- Locharnini Wang et al., 2015
- Lymantriini Hampson, 1893
- Nygmiini Holloway, 1999
- Orgyiini Wallengren, 1861
Características
[editar | editar a fonte]Estas avelaíñas alcanzan unha envergadura de 25 a 50 mm e son de complexión de media a forte. Os machos adoitan seren máis pequenos que as femias. As ás dianteiras son de 1,5 a 2,3 veces máis longas que anchas, as ás traseiras son igualmente anchos e de forma arredondada. As antenas son curtas e só alcanzan de un terzo a aproximadamente a metade da lonxitude das ás dianteiras. Os machos adoitan estaren cubertos de pelos longos. Estas bolboretas teñen os palpos maxilares en retroceso ou faltantes, a probóscide tamén falta. As ás anteriores teñen 12 veas alares cunha vea anal. As ás traseiras teñen 8 ou 9 veas con dúas veas anais.
As avelaíñas adultas desta subfamilia non se alimentan. Adoitan teren cores apagadas (pardas e grises), aínda que algúns son brancos, e adoitan seren moi peludos. Hai especies nas que as ás das femias están ausentes, polo que non poden voaren, e outras téñenas reducidas. Polo xeral, as femias teñen unha gran guedella ao final do abdome. Os machos, polo menos, teñen órganos timpánicos no metatórax.[6]
Na súa maioría son nocturnos, pero Schaefer enumerou 20 especies diúrnas confirmadas e 20 probábeis (dado o tamaño reducido dos ollos).[3]
As larvas tamén son peludas, a miúdo con pelos agrupados en guedellas, e, en moitas especies, os pelos despréndense moi facilmente e son extremadamente irritantes para a pel, especialmente os membros do xénero Euproctis.[3] Esta defensa altamente eficaz serve á avelaíña durante todo o seu ciclo de vida. Os pelos incorpóranse á pupa. Unha femia adulta emerxente dalgunhas especies recolecta e almacena os pelos na punta do abdome e úsaos para camuflarse e protexer os ovos mentres son depositados. Noutras especies os ovos están cubertos por unha escuma que pronto se endurece ou se camuflan cos materiais que a femia recolle e se adhiren a eles.[3] Nas larvas dalgunhas especies os pelos xúntanse en densas guedellas ao largo da rexión dorsal.
Lymantria significa "destrutor" (véxase etimoloxía en Lymantria, e varias especies de limantriinos son importantes defoliadores de árbores forestais, como Lymantria dispar, Lymantria monacha e Orgyia pseudotsugata. Tenden a ter rangos de plantas hospedeiras máis amplos que a maioría dos lepidópteros. A maioría das larvas das especies dos limantriinos aliméntanse de árbores e arbustos, pero algunhas fano de enredadeiras, herbas, pasteiros e liques.[3]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Calliteara pudibunda
-
Euproctis bipunctapex
-
Leucoma salicis
-
Lymantria monacha
-
Nygmia plana
-
Orgyia pseudotsugata
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lymantriinae Hampson, 1893 no ITIS. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Lymantriinae Hampson, 1893 en BioLibcz. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Schaefer, Paul (1989): "Diversity in form, function, behavior, and ecology", En: USDA Forest Service (ed.): Proceedings, Lymantriidae: A Comparison of Features of New and Old World Tussock Moths: 1-19. Broomall, PA.
- ↑ J. Donald Lafontaine & Michel Fibiger: (2006): "Revised higher classification of the Noctuoidea (Lepidoptera)". Canadian Entomologist 138: 610–635.
- ↑ Houshuai Wang, Niklas Wahlberg, Jeremy D. Holloway, Johannes Bergsten, Xiaoling Fan, Daniel H. Janzen, Winnie Hallwachs, Lijun Wen, Min Wang & Sӧren Nylinn (2015): "Molecular phylogeny of Lymantriinae (Lepidoptera, Noctuoidea, Erebidae) inferred from eight gene regions" Cladistics 31 (6): 579-592.
- ↑ Scoble, M. J. (1992): The Lepidoptera: Form, Function and Diversity. (2nd ed.). Oxford University Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Limantriinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Limantriinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chinery, Michael (1977): Guía de campo de los insectos de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0469-1.
- Schintlmeister, Alexander (2004): The Taxonomy of the Genus Lymantria Hubner, [1819 (Lepidoptera: Lymantriidae)]. Naturhistorisches Museum Wien.
- Scoble, M. J. (1992): The Lepidoptera: Form, Function and Diversity. (2nd ed.). Oxford, UK / New Yok, USA: Oxford University Press. ISBN 0-1985-4952-0.