Pastora Soler
Pastora Soler | |
---|---|
![]() Pastora Soler nun concerto en 2009 | |
Nome completo | María del Pilar Sánchez Luque |
Data nacemento | 28 de setembro de 1978 (45 anos) Coria del Río, Sevilla ![]() |
Nado en | Coria del Río |
Ocupación | cantante, presentadora |
Xénero | Pop, flamenco |
Instrumento(s) | voz |
Selo(s) discográfico(s) | Polygram (1994–1999) Emi-Odeón (1999–2005) Warner Music España (2005–Actualidade) |
Tempo en activo | 1992 - actualidade |
Pseudónimo | Pastora Soler |
Na rede | |
http://www.pastorasoler.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
María del Pilar Sánchez Luque,[1][2] nada en Coria del Río (Sevilla) o 28 de setembro de 1978 e coñecida artisticamente como Pastora Soler, é unha cantante española, famosa por combinar copla, flamenco e canción española con sons pop.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pastora é unha artista precoz que empezou cantando coplas e cancións flamencas cando tan só tiña oito anos. En 1994 editou o seu primeiro traballo Nuestras coplas, un disco onde fixo as súas versións de grandes clásicos da canción española. O seu primeiro grande éxito non chegou ata o seu terceiro álbum Fuente de luna, cuxo primeiro single, Dámelo ya, logrou alzarse co número 1 na lista de vendas españolas.
En 2001 lanza ao mercado Corazón congelado, co que logrou consolidar o éxito alcanzado no seu anterior traballo. A canción que dá nome a este álbum é elixida entón como sintonía da Volta Ciclista a España de 2001. Tras moverse en sons máis dance no seu seguinte disco, Deseo, da man de Carlos Jean, Pastora cambia de discográfica e firma por Warner Música España. Con ela publicará os seus últimos traballos: Pastora Soler, Toda mi verdad e Bendita locura. En 2010, a cantante sevillana celebrou as súas 15 anos no mundo da música co lanzamento do seu primeiro traballo en directo, 15 años. Ao ano seguinte publicou o seu noveno álbum de estudio, Una mujer como yo.
Con noves discos de estudo no mercado, Pastora conseguiu 3 discos de platino e 4 discos de ouro. Ao longo da súa carreira, tamén recolleu importantes premios dentro do seu gremio como o Premio da Música ou o Micrófono de ouro. Entre as súas colaboracións atópanse artistas consolidados como Alejandro Sanz, Armando Manzanero, Malú, David Bustamante ou Miguel Poveda, entre outros moitos.[3]
En decembro de 2011 foi designada por Televisión Española para representar a España no Festival de Eurovisión 2012, que se celebrou en Bakú, a capital de Acerbaixán.[4] A sevillana acabou en décima posición coa súa canción Quédate conmigo.[5]
En 2013 forma parte do xurado da segunda edición do programa musical El número uno de Antena 3.[6]
Discografía[editar | editar a fonte]
- Álbums de estudio
- 1996: El mundo que soñé
- 1999: Fuente de luna
- 2001: Corazón congelado
- 2002: Deseo
- 2005: Pastora Soler
- 2007: Toda mi verdad
- 2009: Bendita locura
- 2011: Una mujer como yo
- Álbums recompilatorios
- 2005: Sus grandes éxitos
- Álbums en DVD ou directo
- 2010: 15 años
- Outros
- 1988: Gracias, madre
- 1994: Nuestras coplas
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Economista". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2018.
- ↑ Axesor
- ↑ "Novo disco de Pastora Soler e xira". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 05 de xaneiro de 2012.
- ↑ Pastora Soler representará a España en Eurovisión 2012
- ↑ Pastora Soler termina décima en Eurovisión
- ↑ "Pastora Soler únese ao xurado de El número uno exprés". 13 de maio de 2013. Consultado o 13 de maio de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pastora Soler ![]() |
Predecesor: "Que me quiten lo bailao" Lucía Pérez |
![]() España no Festival de Eurovisión 2012 |
Sucesor: "Contigo hasta el final" El Sueño de Morfeo |