Andrés Suárez Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés Suárez
Suárez en Madrid, no 2013.
Data nacemento16 de abril de 1983 (41 anos)
Nado enFerrol, Galicia Galicia
OcupaciónCantautor
XéneroBalada, jazz
Instrumento(s)Guitarra, voz e piano
Selo(s) discográfico(s)LIAM Producciones, S.L, EMI Music Spain S.L
Relacionado conPablo Milanés, Tontxu, Marwan, Buena Fe, Pedro Guerra, Vicky Gastelo, Funambulista, Paco Cifuentes, Carlos Chaouen
Tempo en activo2002 - presente
Na rede
http://www.andressuarez.es/
Musicbrainz: 7da3daa4-5dab-4da6-b4c5-f2f2de2d249c Songkick: 747083 Genius: Andres-suarez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Andrés Suárez Otero, nado en Ferrol o 16 de abril de 1983, é un cantautor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con dez anos de idade montou o seu primeiro grupo na súa cidade natal, Ferrol. Dende entón pasou por distintos grupos de pop e rock até viaxar a Santiago de Compostela. Alí fíxose cantautor, actuou polos locais da zona vella e gravou o seu primeiro disco, De ida, cunha distribución de case tres mil copias e que o levou de xira por todo o país.

No ano 2006 gañou o Certamen de Jóvenes Cantautores Burgos, o primeiro premio á mellor letra no certame Cantautores Elche e, tamén á mellor letra, no Certame Descubre la Región de Murcia de Madrid.[1] Ademais, logrou o segundo premio no Certame Marcilla Trovadora de Navarra, e o terceiro premio no Certame Alameda de Málaga.[2][3]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • De ida
  • Maneras de romper una ola (2008) - Produción: Tontxu
  • Piedras y charcos (EP) (2010)
  • Cuando vuelva la marea (2011)
  • Moraima (2013)
  • Mi pequeña historia (2015)
  • Desde una ventana (2017)
  • Andrés Suárez (2020)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Serna, Rebeca (19 de novembro de 2006). "Andrés Suárez gana el XIII Concurso de Cantautores". Diario de Burgos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2017. 
  2. Villa Trovadora (5 de xuño de 2006). "Ganadores de la 1ª edición (5 de junio de 2006) celebrado en Marcilla (Navarra)" (en castelán). 
  3. Santiago. Ro. "Entrevista con Andrés Suárez en Vis a Vis". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 30 de maio de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]