Luís Aguirre del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis Aguirre del Río")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Aguirre del Río
Nacemento3 de febreiro de 1842
 Lestrobe, Dodro, Dodro
Falecemento1 de febreiro de 1866
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Luís Aguirre del Río, nado en Lestrobe (Dodro) o 3 de febreiro 1842 e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro 1866, foi un poeta en castelán e compositor galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa etapa escolar desenvolveuse en Rianxo, residencia de seus avós paternos, ata o ano 1853, momento no que se traslada a Santiago para inicia-los estudos secundarios. No ano 1860 graduouse como bacharel en artes e matriculouse en Filosofía e en Dereito[1]. Enfermou durante a súa estadía en Madrid e morreu en Santiago no 1866.

Escribiu o Diccionario del dialecto gallego, o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán[3]. Suponse que o escribiu mentres estudaba en Compostela e sábese que está datado en 1858. En 1862 foi a Madrid, onde contou coa protección de Nicomedes Pastor Díaz e entregou o orixinal do seu dicionario no xornal El Alba Católica, que nunca chegou a publicalo, aínda que no ao seguinte se anunciase nun xornal galego a intención do prelo do xornal de publicalo por entregas. O dicionario, que inclúe unhas 8 000 palabras, non foi publicado até o ano 2007, cando foi editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, baixo a preparación da filóloga e profesora Carme Hermida.

Como poeta publicou a peza Himno escolar (1859) e mais o poema "Ámame" no Álbum de la Caridad (1862)[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]