Luís Aguirre del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Aguirre del Río
Nacemento3 de febreiro de 1842
Lugar de nacementoLestrobe
Falecemento1 de febreiro de 1866
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Luís Aguirre del Río, nado en Lestrobe (Dodro) o 3 de febreiro de 1842 e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1866, foi un poeta en castelán e compositor galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[2]

A súa etapa escolar desenvolveuse en Rianxo, residencia dos seus avós paternos, ata o ano 1853, momento no que se traslada a Santiago para inicia-los estudos secundarios. No ano 1860 graduouse como bacharel en artes e matriculouse en Filosofía e en Dereito[1]. Enfermou durante a súa estadía en Madrid e morreu en Santiago no 1866.

Escribiu o Diccionario del dialecto gallego, o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán[3]. Suponse que o escribiu mentres estudaba en Compostela e sábese que está datado en 1858. En 1862 foi a Madrid, onde contou coa protección de Nicomedes Pastor Díaz e entregou o orixinal do seu dicionario no xornal El Alba Católica, que nunca chegou a publicalo, aínda que no ao seguinte se anunciase nun xornal galego a intención do prelo do xornal de publicalo por entregas. O dicionario, que inclúe unhas 8 000 palabras, non foi publicado até o ano 2007, cando foi editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, baixo a preparación da filóloga e profesora Carme Hermida.

Como poeta publicou a peza Himno escolar (1859) e mais o poema "Ámame" no Álbum de la Caridad (1862)[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]