Chema Purón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChema Purón
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Logroño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , compositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1751050 Discogs: 3522899 Editar o valor em Wikidata

José María Purón Picatoste, nado o 24 de marzo de 1951 en Logroño (A Rioxa), máis coñecido como Chema Purón, é un cantautor, compositor e produtor musical español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos trece anos forma, xunto cun compañeiro de colexio, o Dúo Fender, para pouco máis tarde formar parte de Los Yankos, onde permanece ata 1970, ano no que se traslada a Madrid para cursar estudos de Publicidade e Dereito. Alí entra en contacto coa compañía de discos Movieplay, onde exerce de promotor durante catro anos, tralos cales decide finalmente dedicarse profesionalmente á música.

Grava 4 discos como cantautor, pero a partir de 1982 dedícase de cheo a compoñer para outros artistas, de entre os que cabe destacar a José Luis Rodríguez "El Puma", Nana Mouskouri, Paloma San Basilio ou Francisco.

En 1992, unha canción súa interpretada por Francisco, A dónde voy sin ti, gaña o Festival da OTI, galardón que repetiría en 1996 co tema Mis manos, interpretado por Anabel Russ, quedando en segundo lugar en 1994 co tema Cuestión de suerte.

No Festival de Eurovisión celebrado en Dublín en 1995, o seu tema Vuelve conmigo, interpretado por Anabel Conde, quedou en segunda posición. Cinco anos máis tarde levou a Serafín Zubiri a Eurovisión co tema Colgado de un sueño.

Un dos seus maiores éxitos conseguiuno no XLIV Festival Internacional da Canción de Viña del Mar coa canción interpretada por Gisela Este amor es tuyo, que gañou os dous premios máis importantes, as Gaviotas de Plata á mellor canción e á mellor interpretación, algo que non ocorrera nunca en 40 anos.

Obra discográfica[editar | editar a fonte]

  • Alma (1977)
  • A mi compañera (1978)
  • A la orilla del mar (1980)
  • En ti (1982)
  • Lo mejor de Chema Purón (1993)
  • Discografía completa (2007)

Producións[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Entre outros, produciu álbums para:

Cancións[editar | editar a fonte]

Ten compostas cancións para varios artistas, algúns dos cales son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]