Saltar ao contido

Que me quiten lo bailao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Que me quiten lo bailao»
de Lucía Pérez
Lanzamento 2011
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es) Rafael Artesero
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Que me quiten lo bailao" é unha canción da cantante galega Lucía Pérez e composta por Rafael Artesero. Foi a canción representante de España no LVI Festival de Eurovisión, que tivo lugar en Düsseldorf (Alemaña). España entrou directamente na final do certame, o día 14 de maio, onde quedou en 23º posto.

O tema foi seleccionmado de entre máis de 1.000 cancións por TVE e finalmente foi un dos nove temas finalistas. Na final de Destino Eurovisión, celebrada o 18 de febreiro de 2011, de entre os tres temas que interpretou Lucía Pérez, o xurado escolleu Que me quiten lo bailao. Posteriormente os votos dos telespectadores elixiron esta candidatura co 68% dos votos fronte ao 20% da segunda opción, e o 12% da terceira.

O tema gravouse o 25 de febreiro de 2011 e o videoclip oficial da canción rodouse o 6 de marzo, durante a celebración do entroido, na vila de Sitges (Barcelona).

No verán, Lucía Pérez fixo unha versión en galego titulada "Que me quiten o bailao".

País Clasificación Primeira semana Posición de ingreso Mellor posición Semanas na mellor posición Semanas na clasificación Última semana
Europa
España España Top 50 cancións[1] 15/05/2011 19 19 1 3 05/06/2011
  1. "Lucía Pérez - Que me quiten lo bailao". spanishcharts.com (en castelán). 2011. Consultado o 22 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
"Algo pequeñito"
Daniel Diges

España no Festival de Eurovisión

2011
Sucesor:
"Quédate conmigo"
Pastora Soler