Lu Xun
Lu Xun | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | 周樹人 |
Nome de nacemento | Zhou Shuren |
Alcume | Lu Xun, 豫才, 豫山 e 豫亭 |
Nacemento | 25 de setembro de 1881 e 1881 |
Lugar de nacemento | Shaoxing |
Falecemento | 19 de outubro de 1936 e 1936 |
Lugar de falecemento | Shanghai |
Causa | tuberculose |
Soterrado | Lu Xun's tomb |
Nacionalidade | Dinastía Qing e República da China |
Etnia | Povo chinês |
Alma máter | Universidade de Tohoku, Kobun Institute e Sendai Medical College |
Ocupación | ensaísta, poeta, crítico literario, esperantista, tradutor, novelista, crítico e escritor |
Pai | Zhou Boyi |
Cónxuxe | Zhu An e Xu Guangping |
Fillos | Zhou Haiying |
Irmáns | Chou Tso-jen e Zhou Jianren |
Coñecido por | The True Story of Ah Q e A Madman's Diary |
Premios | 100 heroes and model figures who have made outstanding contributions to the founding of New China |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Zhou Shuren, nado en Shaoxing (provincia de Zhejiang) o 25 de setembro de 1881 e finado en Shanghai o 19 de outubro de 1936, foi un escritor chinés, máis coñecido co pseudónimo de Lu Xun. Está considerado o fundador da literatura chinesa moderna debido á súa innovación temática –narrativa de contido realista e social– e ao uso do chinés vernáculo (白 话, baihua, literalmente "lingua transparente") en substitución da lingua clásica literaria (文 言,wenyan, "lingua da cultura").
A súa obra exerceu grande influencia no Movemento do Catro de Maio e fai parte do panteón literario da República Popular da China, malia que nunca chegou a ser membro do Partido Comunista Chinés. Formou parte da Liga de Escritores de Esquerdas, fundada en 1930, na que se propugnaba a idea de que a literatura tiña que servir aos intereses da revolución. El mesmo renunciou á literatura como creación porque entendía que arte e política son incompatíbeis, e tras escribir varias escolmas de relatos e o libro de poemas en prosa "Yecao" (Mala herba), dedicouse exclusivamente ao ensaio político.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu primeiro nome foi Zhou Zhangshu máis tarde modificado para Shuren; foi o máis vello de catro irmáns, o máis novo Zhou Zuoren foi tamén un coñecido escritor. A dos Zhou era unha familia de funcionarios e letrados aínda que vinda a menos pola acusación sobre o seu avó de subornar nos exames imperiais. En 1899 ingresou na Academia Naval en Nanjing e despois pasou á Escola de Enxeñería Ferroviaria e de Minas. En 1902 obtivo unha bolsa de estudos do goberno para estudar no Xapón, e estudou Medicina en Sendai, carreira que deixou tras un suceso que ía ser fundamental na súa vida: un profesor puxéralle unha placa nunha lanterna de proxección sobre a execución dun chinés acusado de ser espía en Manchuria coa indiferenza dos espectadores chineses que vían a execución con indolencia, como un espectáculo. Lu Xun sentiu que tiña que facer mudar de espírito ao pobo chinés e a literatura podería ser o medio. Marchou a Toquio, alí quixo editar sen éxito unha revista e publicou algúns ensaios, aínda en wenyan (chinés literario clásico), nos que chamaba aos seus compatriotas ao heroísmo, e traduciu algúns contos rusos. En 1910 volveu a China, atopou traballo como profesor de bioloxía en Hangzhou e despois no de Shaoxing. Trala fin da monarquía traballou no Ministerio de Educación en Nanjing e logo en Beijing.
En 1918 publicou o conto Kuangren Riji (狂人日記, O diario dun tolo), considerada o inicio da literatura en baihua (chinés vernáculo) e onde por vez primeira asinaba como Lu Xun. Nomeado profesor de literatura chinesa na Universidade de Beijing, publicou dúas escolmas de contos, e o seu relato máis longo, (A Q Zhengzhuan, 阿Q正傳, A verdadeira historia de Ah Q).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lu Xun ![]() |