Saltar ao contido

Zhou Zuoren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZhou Zuoren

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1885 Editar o valor en Wikidata
Shaoxing, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1967 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ15954377 Traducir (1901–1907)
Rikkyo University (en) Traducir
Hosei University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, tradutor, esperantista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Beijing Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNobuko Habuto Editar o valor en Wikidata
PaiZhou Boyi Editar o valor en Wikidata
IrmánsLu Xun
Zhou Jianren Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Zhou Zuoren (chinés tradicional e simplificado: 周作人; pinyin: Zhōu Zuòrén; Wade-Giles: Chou1 Tso4-jen2), nado o 16 de xaneiro de 1885 e finado o 6 de maio de 1967, foi un escritor e intelectual chinés, especialmente recoñecido como ensaísta e tradutor. Foi o irmán máis novo de Lu Xun (1881-1936), o segundo de tres irmáns.

En 1945, tras a segunda guerra sinoxaponesa, Zhou foi detido por traizón e colaboración co imperio nipón polo goberno nacionalista de Chiang Kai-shek (1887-1975).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Zhou Zuoren naceu en Shaoxing (provincia de Zhejiang) o 16 de xaneiro de 1885. Durante a súa adolescencia, estudou na Academia Naval Jiangnan. Seguindo os pasos do seu irmán, Lu Xun, emigrou ao Xapón en 1906 para continuar coa súa educación. Foi nesta época que comezou a aprender o grego antigo, coa intención de traducir os evanxeos ao chinés clásico. Tamén asistiu a clases sobre filoloxía chinesa, impartidas polo revolucionario Zhang Binglin (1869-1936) na Universidade Rikkyo, malia estar matriculado en enxeñaría civil. Regresou a China en 1911, casado cunha muller xaponesa, e empezou a impartir docencia en diferentes institucións.

O Movemento do Catro de Maio

[editar | editar a fonte]

Escritor de ensaios en baihua 白话 ou chinés vernáculo, Zhou foi unha importante figura durante o Movemento do Catro de Maio e o Movemento pola Nova Cultura. Neste sentido, defendeu a reforma da literatura. Nun artigo de 1918, proclamou a necesidade dunha "literatura humanista" que "critique ou rectifique calquera costume ou regra contraria aos instintos e á natureza humanas". Como exemplo, citou a tradición de enterrar aos fillos cos pais ou ás esposas cos seus homes para acompañalos na morte. O ideal de Zhou é unha literatura democrática e individualista. Porén, afastouse explicitamente do movemento da literatura popular. Segundo el, a xente común podería entender esta última, mais non aquela.[1] Por outra banda, criticou a ópera de Beijing, á que consideraba desagradable e propia da antiga elite tradicional.[2]

Derradeiros anos

[editar | editar a fonte]

En 1945, tras o remate da segunda guerra sino-xaponesa, Zhou foi arrestado por traizón, debido á súa suposta colaboración co goberno de ocupación nipoa liderado por Wang Jingwei (1883-1944). Foi sentenciado a 14 anos na prisión de Nanjing, mais foi liberado en 1949 tras o indulto do novo goberno comunista. Máis tarde, regresou a Beijing, onde continuou a traducir e a escribir, mais publicando con diferentes pseudónimos. Faleceu por unha enfermidade durante a Revolución Cultural.

A súa obra non se divulgou demasiado durante as primeiras décadas da República Popular da China, como consecuencia das acusacións de traizón. Non foi até a liberalización da década de 1980 que os seus textos comezaron a estar dispoñibles.

Zhou chamaba aos seus estudos "misceláneas", como refire no seu ensaio Wo de za xue 我的杂学 ("As miñas misceláneas"). Estaba interesado no folclore, a antropoloxía e a historia natural. Un dos seus escritores favoritos era Havelock Ellis.

Tamén cultivou a tradución, especialmente de linguas como o grego clásico e mais o xaponés clásico. Destacan as súas versións da mímica grega, a lírica de Safo (c. -630-c. -612), as traxedias de Eurípides (c. -430-c. -406), o Kojiki, o Ukiyoburo de Shikitei Sanba (1776-1822), o Makura no Sōshi de Sei Shōnagon (c. 966- c. 1025) ou o Kyogen. Non obstante, consideraba que a súa tradución dos Diálogos de Luciano de Samosata (c. 125-c. 180), que rematou a finais da súa vida, era a súa obra máis conseguida.

Zhou escribiu con regularidade para a revista de humor dirixida por Lin Yutang (1895-1976), e estudou as tradicións chinesas do humor, a sátira, a parodia e os chistes.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]