Cinéma vérité

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

cinéma vérité é un estilo de cinema que comezou como unha reacción europea cara ó sistema clásico de facer filmes. Inventado por Jean Rouch, está inspirado na teoría de Dziga Vertov sobre Kino-Pravda e está influenciado polos filmes de Robert Flaherty. Mestura a improvisación co uso da cámara para desvelar a verdade ou salientar temas agochados detrás da crúa realidade.[1][2][3] O cinema de realidade fornece similares tipos de ilusión cinematográfica que se atopan nos clásicos de Hollywood, pero que por mor dunha relaxación das ataduras entre o seu estilo e os aspectos narrativos permite un realismo subxectivo aumentado e expresividade autoral.

Na forma clásica de Hollywood, o filme é ditado pola narrativa, cada cousa que pasa nun filme clásico suponse que fai avanzar a narrativa. Todos os personaxes presentados son axentes causais na narrativa, e os clásicos son saturados con imaxes redundantes, expresións verbais ou símbolos para obter a mensaxe a través do espectador. Isto pode ser como unha construción artificial da realidade, xa que nada que non axude ó espectador a entender claramente o que está a ocorrer, será incluído no filme. O cinema de realidade rexeita isto por irreal e tende a presentar personaxes e situacións da vida real onde as cousas que pasan non sempre teñen unha mensaxe ou propósito claro, e que en troques é vago e misterioso. Polo tanto, o cinema de realidade non se preocupa por explicar, claramente, moitas das escenas desenvolvidas nos filmes.

Notas[editar | editar a fonte]