El Pescaílla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEl Pescaílla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Antonio González Batista Editar o valor em Wikidata
3 de marzo de 1926 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de fígado Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Pescaílla Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , guitarrista , compositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFlamenco e rumba catalá Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLola Flores (1957–1995) Editar o valor em Wikidata
FillosLolita Flores, Rosario Flores, Antonio Flores Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0327882 Musicbrainz: dff1a0a1-bce3-4c30-a325-4f6834760c0b Discogs: 3053068 Allmusic: mn0000495302 Find a Grave: 11066741 Editar o valor em Wikidata

Antonio González Batista, máis coñecido como El Pescaílla, nado en Barcelona en 1926 e finado en Madrid o 12 de novembro de 1999, foi un cantante e guitarrista español de flamenco e rumba. Considerado un dos pais da rumba catalá, o seu estilo influiría en multitude de artistas posteriores.

Estivo casado coa cantante e bailaora Lola Flores (1923-1995), coa que tivo tres fillos, os cantantes Lolita Flores (1958), Antonio Flores (1961-1995) e Rosario Flores (1963). Foi cuñado da tamén cantante Carmen Flores (1936), tío do exfutbolista e adestrador Quique Sánchez Flores (1965) e avó das actrices Elena Furiase (filla de Lolita) e Alba Flores (filla de Antonio).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no barrio de Gràcia, casou en Barcelona polo rito xitano con Dolores Amaya, da que tivo unha filla, Toñi, en 1955. Abandonou a ambas para unirse a Lola Flores, á que coñeceu por medio de Manolo Caracol. A relación entre eles primeiro foi exclusivamente profesional, xa que La Faraona, como se coñecía a Lola Flores, mantiña un tempestuoso idilio con Caracol.

González e Flores casaron o 27 de outubro de 1957 no Mosteiro de El Escorial. Coa noiva embarazada de tres meses, o matrimonio celebrouse ás seis da mañá, pois se temía que acudise un enfurecido Caracol.

O matrimonio participou en 1959 na película María de la O de Ramón Torrado.

As primeiras gravacións do Pescaílla, xunto a Lola Flores, datan de 1964. Máis adiante sacou varios singles e as súas cancións formaron parte de numerosos recompilatorios do selo discográfico Belter, co que gravou durante a primeira época.

O temperamento de Flores e o seu carisma artístico fixeron pasar a un segundo plano a figura de González, que asumiu a situación e deixou practicamente de gravar discos. A pesar dos agoiros, a relación mantívose firme contra vento e marea durante 38 anos, superando amargos grolos como o que en 1989 supuxo o proceso por fraude á Facenda pública.

En maio de 1995 faleceron a súa esposa, Lola, e o seu fillo Antonio nun intervalo de apenas 14 días, o que supuxo un duro golpe que o Pescaílla nunca chegou a superar. Faleceu en Madrid, o 12 de novembro de 1999, por mor dunha enfermidade hepática arrastrada desde había longo tempo. Tiña 73 anos.

Discografía e temas máis destacados[editar | editar a fonte]

Soamente pódense atopar nestes momentos dous discos compactos dispoñibles no mercado dedicados integramente á súa música. Trátase de El patriarca de la rumba (Divucsa, 1999) e El Pescaílla (Divucsa, 2005).

Famoso por adaptar ao seu estilo cancións alleas ou populares, máis que como compositor (nos rexistros da SGAE, El Pescaílla só figura como autor de dous temas), entre as súas interpretacións máis destacadas atópanse "Sarandonga", "Cada vez que tú me miras", "Levántante", "Strangers In The Night", "A garota de Ipanema" ou "Sabor a mí".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]