Llywelyn Fardd I
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1125 (Gregoriano) Gales, Reino Unido |
Morte | 1200 (Gregoriano) (74/75 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | (Con vida en: 1150 (Gregoriano) ) |
Llywelyn Fardd I, nado arredor do 1125 e finado no 1200, foi un poeta cortesán galés. Chámano así debido a outro bardo homónimo do século XIII, ao que para o distinguir do noso lle chaman Llywelyn Fardd II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se sabe moito sobre el. Escribiu un poema ao abade Morfran, de Tywyn, que morreu en 1147, así podemos saber en que época viviu. Compuxo dous poemas onde mostraba o seu amor polo Cantref de Meirionnydd, cousa que mostraría que proviña de alí. Crese que o nome de seu pai era Cywryd. Escribiu elexías aos príncipes do Reino de Powys e aos do Reino de Gwynedd. Podemos atopar cinco pezas súas nos manuscritos antigos. Unha delas é 'Canu Cadfan', unha loanza a San Cadfan e hai tamén un poema sobre o Xuízo Final. Existen tres poemas a protectores seculares, é dicir, dadolwch a Owain Fychan (m. 1187), un dos fillos de Madog ap Maredudd de Powys; marwnad a Cedifor ap Genillyn, un nobre de Meirionnydd e un arwyrain a Owain Gwynedd (m. 1170), rei de Gwynedd.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Catherine McKenna (ed.) , 'Gwaith Llywelyn Fardd I', en Kathleen Anne Bramley et al. (ed.), Gwaith Llywelyn Fardd I ac eraill o Feirdd y Ddeuddegfed Ganrif (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1994). Esta é a edición estándar da obra de Llywelyn Fardd, en 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'.