Owain Cyfeiliog
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1130 ![]() Gales, Reino Unido ![]() |
Morte | 1197 ![]() |
![]() ![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | poeta, monarca ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Gwenllian ferch Owain Gwynedd ![]() |
Fillos | Hywel Grach ab Owain Cyfeiliog, Meddefus ferch Owain Cyfeiliog, Gwerful ferch Owain Cyfeilliog ap Gruffudd ap Maredudd, Cadwallon ab Owain Cyfeiliog ap Gruffudd, Gwenwynwyn ![]() |
Pais | Gruffudd ap Maredudd ap Bleddyn ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography ![]() |
![]() |
Owain ap Gruffydd (c. 1130 – 1197) foi un príncipe galés da parte meridional do reino de Powys e un poeta en lingua galesa. Adoita ser citado como Owain Cyfeiliog para o distinguir doutros gobernantes chamados tamén Owain, en especial o seu coetáneo, Owain ap Gruffydd de Gwynedd, que é coñecido como Owain Gwynedd.
Rei de Powys meridional
[editar | editar a fonte]Owain era fillo de Gruffydd ap Maredudd e sobriño de Madog ap Maredudd, o último príncipe do Powys unido. Madog deulle ao seu sobriño o cantref de Cyfeiliog para que o gobernase en 1147. Á morte de Madog en 1160 Owain converteuse no gobernante da maior parte do Powys meridional.
Mantivo unha alianza cos outros príncipes galeses para enfrontárense á invasión que en 1165 levou a cabo o rei Henrique II de Inglaterra. Despois disto, a súa política foi máis de apoio á coroa inglesa. En 1170 doou terras para a fundación da abadía de Strata Marcella. En 1188, porén, negouse a recibir ou axudar a Baldwin, Arcebispo de Canterbury e Giraldus Cambrensis cando percorreron Gales para recrutaren homes para unha cruzada, acto polo que foi excomungado. En 1195 Owain cedeu o mando do seu territorio ao seu fillo Gwenwynwyn ab Owain e retirouse á abadía de Strata Marcella, onde morreu e recibiu sepultura ao cabo de dous anos.
Poeta
[editar | editar a fonte]Owain foi considerado tamén como poeta, malia só chegar ata nós un poema que se lle atribúe, Hirlas Owain considerado coma un dos mellores poemas galeses deste período. No poema, a garda de Owain reúnese na súa corte tras unha expedición en 1155 para liberar o seu irmán Meurig do cárcere en Maelor. Cumprida a misión, Owain fai que circule un corno con bebida entre os membros da súa garda por quendas, con palabras de louvanza para cada un. Hai unha nota máis sombría cando lembra a dous dos seus homes que caeran no combate e láiase pola súa perda. O editor máis recente do poema, Gruffydd Aled Williams, suxire que o poema foi escrito realmente por Cynddelw Brydydd Mawr, o poeta de corte máis relevante do século, se cadra en colaboración con Owain.[1] Owain tamén aparece no relato de Fulke FitzWarin como un cabaleiro que golpea a Fulk cunha lanza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gruffydd, R. Geraint; et al. (1995). University of Wales Press, ed. Gwaith Llywelyn Fardd I ac Eraill. Cardiff. ISBN 978-0708312148.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- John Edward Lloyd (1911) A history of Wales from the earliest times to the Edwardian conquest (Longmans, Green & Co.)