Gwernen ap Clyddno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gwernen ap Clyddno
 Gales
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Gwernen ap Clyddno (fl. no século XII ou XIII) foi un poeta cortesán galés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gwernen é un dos menos coñecidos dos Gogynfeirdd. Non se sabe nada en absoluto sobre el. Non hai referencia ningunha non sendo o seu nome. O nome mesmo de Gwernen é moi infrecuente; hai exemplos del no Libro de Llandaf (en forma de Gwerngen).

A súa obra[editar | editar a fonte]

Só se conservan tres englynion Unodl Union da obra de Gwernen, que son parte dunha cadea máis longa que se perdeu. O texto está no manuscrito Hendregadredd e noutros seis máis tardíos. O tema do poema é o Destino do home, que fala sobre un guerreiro anónimo que non regresou dunha expedición militar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • N. G. Costigan (Bosco) (ed.), 'Gwaith Gwernen ap Clyddno', en, Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1995). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'. (en galés)