Llywelyn Fardd II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLlywelyn Fardd II
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Para o bardo homónimo ver Llywelyn Fardd I.

Llywelyn Fardd II (fl. sobre 1215-1280) foi un poeta galés que se relaciona cos reinos de Powys e Gwynedd. Os especialistas en literatura galesa chámano 'Llywelyn Fardd II' por ser o máis novo dos dous Beirdd y Tywysogion que portaron o nome de Llywelyn Fardd (Véxase tamén Llywelyn Fardd I).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hai incerteza sobre a autoría dalgúns dos poemas que se atribúen a 'Llywelyn Fardd' nos manuscritos, pero a diferenza entre as datas dos poemas amosa que hai catro poemas atribuíbeis case con certeza a Llywelyn Fardd II. O testemuño destes poemas suxiren para el un período de actividade entre o 1215 e o 1280. Non se coñece nada sobre el fóra do testemuño dos seus poemas. Algúns amosan unha forte relación co Powys meridional (Powys Wenwynwyn).

A súa obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse os textos de catro poemas no Manuscrito Hendregadredd, e tamén aparece o texto dun dos poemas no Llyfr Coch Hergest. Ademais de dous awdlau a deus, hai awdlau de loanza a Owain ap Gruffudd ap Gwenwynwyn de Powys Wenwynwyn e a Llywelyn Fawr, príncipe de Gwynedd. Os seus poemas a Llywelyn suxiren que estaba a buscar unha praza na súa corte como bardo, pero como non houbo máis poemas na súa honra non se sabe se tivo éxito na súa demanda ou se desistiu. No seu poema a Owain ap Gruffudd ap Gwenwynwyn parece que o bardo está a celebrar o feito de que o seu protector recibira a súa parte da herdanza tras a morte de seu pai, Gruffudd ap Gwenwynwyn, cando Powys Wenwynwyn se dividiu en pequenos señoríos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Catherine McKenna (ed.), 'Gwaith Llywelyn Fardd II', en, Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1995). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'. (en galés)