Iorwerth Fychan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iorwerth Fychan
Nacementoséculo XIIxuliano
 Gales
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Iorwerth Fychan foi un poeta cortesán galés da segunda metade do século XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Crese que Iorwerth compuña versos por pracer e non profesionalmente (como a meirande parte dos chamados Bardos dos Príncipes). Xa que logo debía ser un home de alto rango, ao xeito dos bardos da Idade Media, como o príncipe e bardo Hywel ab Owain Gwynedd. Foi un dos derradeiros representantes dos Gogynfeirdd.

Testemuños sobre o bardo[editar | editar a fonte]

É moi pouco o que se sabe del. Sobre a base do nome que se dá na copia máis recente dun dos seus poemas é posíbel que o seu nome completo fose Iorwerth Fychan ab Iorwerth ap Rhotbert . Existe unha elexía a Iorwerth ap Rhotbert, nobre da zona de Arwystli, no único manuscrito que lle atribúen a Llywarch ap Llywelyn ("Prydydd y Moch"), pero o especialista en manuscritos galeses antigos Daniel Huws ten a suxestión de que se cadra é obra do propio Iorwerth Fychan. Hai outras fontes que poñen en relación a Iorwerth e Arllechwedd en Gwynedd, mentres que os testemuños dos seus poemas indican a súa familiaridade con Meirionnydd.

Os seus poemas[editar | editar a fonte]

Os únicos textos seus que se conservan aparecen no manuscrito Hendregadredd e o manuscrito Peniarth 20. Dous poemas amorosos e englynion volvéronse populares como exemplos de métrica nas Gramadegau'r Penceirddiaid, cun total de cento oito liñas.

Podemos estar seguros de que se perdeu unha gran parte da súa obra. As súas dúas awdl amorosas a mulleres descoñecidas amosan influencias da obra de Hywel ab Owain Gwynedd, Einion ap Gwalchmai e outros Beirdd y Tywysogion. Este tipo de poesía débelle bastante á poesía amorosa dos trobadores do continente. Gweirfyl (Gwerful) e Gwenllïan son os nomes das mulleres nobres nestas awdlau, pero sen dúbida son nomes imaxinarios. Na awdl a Gweirfyl hai ecos da Rieingerdd Efa ferch Madog ap Maredudd da obra de Cynddelw Brydydd Mawr.

Aínda que a poesía é convencional a expresión do bardo é fresca e natural e ten bo ollo sobre a beleza feminina e o mundo natural.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rhian M. Andrews et al (ed.), Gwaith Bleddyn Fardd a beirdd eraill ail hanner y drydedd ganrif ar ddeg (Aberystwyth, 1996). Cyfres Beirdd y Tywysogion. (en galés)