Daniel ap Llosgwrn Mew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel ap Llosgwrn Mew
Nacementoséculo XIxuliano
 Gales
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Daniel ap Llosgwrn Mew (fl. 1170 - 1200) foi un poeta cortesán galés no reino de Gwynedd no último cuarto do século XII. Só se conserva un dos seus poemas, pero foi un dos poemas máis populares da obra dos Beirdd y Tywysogion nos tempos posteriores, a xulgar polo número de copias que hai nos manuscritos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se coñece case nada sobre a vida do bardo fóra do pouco que se pode inferir do testemuño do único poema da súa obra que aínda sobrevive. O nome de seu pai, Llosgwrn Mew, estaba entre os máis estraños dos pseudónimos galeses que adornan a historia da Idade Media en Gales (o significado habitual da palabra da lingua galesa media llosgwrn é "cola"; o significado de mew é descoñecido). Case todo o que se pode dicir sobre o bardo con seguridade é que era o bardo nunha das cortes de Gwynedd e que o rei Owain Gwynedd estaba entre os seus mecenas.

Obra[editar | editar a fonte]

O texto máis antigo da elexía de Daniel ap Llosgwrn Mew a Owain Gwynedd estaba no Manuscrito Hendregadredd nas mans dun home da Abadía de Strata Florida (sobre 1300). É unha das tres elexías que se conservan a Owain (as outras dúas son de Cynddelw Brydydd Mawr e Seisyll Bryffwrch). É posíbel que o bardo cantase a elexía no funeral na catedral de Bangor a finais de novembro de 1170. Nela o bardo expresa o seu laio pola perda dese rei sabio e poderoso e a súa inquietude sobre o futuro tras el. Hai unha nota moi persoal na expresión, que pon esta elexía ao lado da famosa elexía de Gruffudd ab yr Ynad Coch a Llywelyn en 1282/83. O poema péchase cunha nota moi atrevida co bardo a proclamar que estaba preparado para reprocharlle ao mesmo Deus a perda de Owain.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Morfydd E. Owen (ed.), 'Gwaith Daniel ap Llosgwrn Mew', yn Kathleen A. Bramley et al. (ed.), Gwaith Llywelyn Fardd I ac eraill o feirdd y ddeuddegfed ganrif (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1994). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion.' (en galés)