Gruffudd ap Gwrgenau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gruffudd ap Gwrgenau
Nacementoséculo XIxuliano
NacionalidadeGales
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Gruffudd ap Gwrgenau (fl. sobre 1175 - 1210) foi un poeta cortesán galés, en conexión co reino de Gwynedd.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se sabe demasiado sobre a vida do bardo. Hai a única referencia contemporánea na liñaxe de familia de Brycheiniog, onde se aduce que un dos seus devanceiros, Gruffudd ap Gwrgenau, naceu sobre 1170.

Obra[editar | editar a fonte]

Só se conservan dous poemas de Gruffudd ap Gwrgenau. Un deles é unha elexía a Gruffudd ap Cynan ab Owain, señor dos cantref de Meirionnydd, Ardudwy e Llŷn (co seu irmán Maredudd). Gruffudd ap Cynan morreu na Abadía de Aberconwy no ano 1200, segundo se anotou no Brut y Tywysogion. É diferente ás elexías habituais dos bardos da época en canto que enfatiza a fraxilidade da vida do home e que prega a Deus pola absolución no canto de mover a loar a súa valentía e xenerosidade cunha nota máis confesional. O segundo poema é unha pequena cadea de englynion que lembra a morte de catro ou cinco amigos do bardo (entre eles o bardo-guerreiro Gwilym Rhyfel).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Morfudd E. Owen (ed.), 'Gwaith Gruffudd ap Gwrgenau', en Kathleen A. Bramley et al. (ed.), Gwaith Llywelyn Fardd I ac eraill o feirdd y ddeuddegfed ganrif (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1994). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion.' (en galés)