Saltar ao contido

Goronwy Foel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGoronwy Foel
Biografía
NacementoDeheubarth, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XIII Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

Goronwy Foel foi un bardo galés da metade do século XIII, natural de Deheubarth. Foi un dos Poetas dos Príncipes. Nada sabemos sobre este bardo, non sendo o que se pode extraer do poema que lle atribúen no Manuscrito Hendregadredd: Mawl Marared ferch Rhys Fychan.[1] . Nel canta unha loanza á beleza de Marared ferch Rhys Fychan. Pode tratarse dunha das dúas fillas chamadas Marared (Maryred, ou Marged) que tivo Rhys Ieuanc ap Rhys Mechyll, un dos príncipes de Deheubarth de mediados do século XII. A nai destas rapazas era Gwladus filla de Gruffudd ap Llywelyn ap Iorwerth (morto en 1244) de Gwynedd, neta de Llywelyn Fawr.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • COSTIGAN, N.G. et al. ed. (1995): Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg. Cyfres Beirdd y Tywysogion. Caerdydd. ISBN 0-7083-1304-3.
  1. Este poema aparece editado por R. Geraint Gruffydd no volume de Costigan que se cita na bibliografía