Saltar ao contido

Llywarch Llaety

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLlywarch Llaety
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor en Wikidata
Morte1160 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1140 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata)

Llywarch Llaety (fl. c. 1140 - 1160) foi un poeta cortesán galés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Só fica un poema seu, do cal a copia máis antiga aparece no manuscrito Hendregadredd, en loanza de Llywelyn ap Madog, fillo e herdeiro do príncipe Madog ap Maredudd de Powys. Este poema consta de dezasete englynion.

Cabe a posibilidade de que Llywarch Llaety sexa a mesma persoa que o poeta Llywarch y Nam, quen tamén compuxo un poema na honra de Llywelyn ap Madog.[1]

  1. 'Gwaith Llywarch Llaety'

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nerys Ann Jones (ed.), 'Gwaith Llywarch Llaety', in Kathleen A. Bramley et al. (eds.), Gwaith Llywelyn Fardd I ac eraill o feirdd y ddeuddegfed ganrif (University of Wales Press, 1994).