Gwgon Brydydd
Gwgon Brydydd | |
---|---|
Nacemento | século XIxuliano |
Ocupación | poeta |
Fillos | Einion ap Gwgon |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gwgon Brydydd (fl. sobre 1200-1220) foi un dos poetas cortesáns galeses e cantou a principios do século XIII.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada se coñece sobre Gwgion fóra do testemuño que consta no único poema da súa obra que se conserva, que é unha loanza de Llywelyn ab Iorwerth (Llywelyn Fawr). O estudoso J. Lloyd-Jones suxiriu que sería o pai de Einion ap Gwgon, outro Poeta dos Príncipes que cantou a Llywelyn Fawr. O alcume prydydd demostra que Gwgon gozaba dun alto status no sistema bárdico e que era un poeta cortesán recoñecido.[1]
A súa obra[editar | editar a fonte]
O único poema de Gwgon está nun manuscrito que data de mediados do século XVI pero que provén dun(s) manuscrito(s) perdido(s) anterior(es). O poema é unha loanza a Llywelyn como líder militar, en forma de cinco englynion Unodl Union regulares. A única referencia específica é a do ataque de Llywelyn contra Llangollen; isto suxire unha datación do poema no período 1211-1214 cando houbo un enfrontamento entre Llywelyn e Madog ap Gruffudd, príncipe de Powys Fadog.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Atribúenlle a Araith Wgon, unha das Areithiau Pros, a un poeta chamado Gwgon que se di que vivía na zona de Llanfair-yng-Nghaereinion no reino de Powys na época de Dafydd ab Owain Gwynedd, pero non se lle pode dar demasiado peso a esta teoría.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- R. Geraint Gruffudd (ed.), 'Gwaith Gwgon Brydydd', en, Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1995). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'. (en galés)