Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura
Logo
Tipoaxencia da ONU e editorial
Data de fundación16 de outubro de 1945
Director/aMohammed Shia' Al Sudani
Organización matrizONU
Organización subsidiariaSomalia Water and Land Information, FAO Representation in Ghana, FAO Representation in China e FAO representation in Kenya
SedeRoma
Na rede
https://www.fao.org
Facebook: UNFAO Twitter: FAO Instagram: fao LinkedIn: fao Youtube: UCtu8MkufmVgxS8_Ocl7mMig Pinterest: unfao TikTok: fao Flickr: faonews Souncloud: unfao Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Moeda de 200 liras italianas cunha homenaxe á FAO

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO, siglas de Food and Agriculture Organization, o seu nome en inglés) é unha organización especializada da ONU, creada o 16 de outubro de 1945, na cidade de Quebec. A FAO reagrupa 192 membros (191 estados máis a Unión Europea). A súa sede está na cidade de Roma, Italia desde 1951, anteriormente tiña a sede en Washington, D.C.. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos)

A FAO realiza programas para elevar os niveis de nutrición e de vida, mellora a eficiencia da produción, elaboración, comercialización e distribución dos alimentos e produtos agropecuarios de granxas, bosques e pesqueiras, promovendo o desenvolvemento e mellora da poboación rural.

Este organismo prepara ás nacións en desenvolvemento para facer fronte a situacións de urxencia alimentaria e, en caso necesario, presta socorro emerxente. Promove investimentos na agricultura, o perfeccionamento da produción agrícola, a cría de gando e a transferencia de tecnoloxía ós países en desenvolvemento. Tamén fomenta a conservación dos recursos naturais estimulando o desenvolvemento da pesca, acuicultura e as fontes de enerxía renovables.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Sede da FAO

A FAO está dirixida pola Conferencia plenaria de países membros que se axuntan cada dous anos para analizar a actividade desenvolta e aprobar o programa de traballo e o orzamento para o exercicio bienal seguinte. A Conferencia elixe o Consello, que actúa como órgano de goberno, composto por 49 países, e ao director xeral. O actual director xeral é Jacques Diouf, senegalés, elixido en novembro de 1993. A FAO estrutúrase na Oficina do Director Xeral e oito departamentos: Agricultura e Defensa do Consumidor, Coñecemento e Comunicación, Cooperación Técnica, Desenvolvemento Económico e Social, Ordenación de Recursos Naturais e Ambiente, Pesca e Acuicultura, Forestal, Recursos Humanos e Financeiros e Físicos. En total traballan para a FAO 1600 funcionarios e ademais da súa sede central conta con Oficinas rexionais para África, Asia e o Pacífico, América Latina e o Caribe, Próximo Oriente e Europa. Oficinas Subrexionais para África do Norte, África Austral e Oriental, Illas do Pacífico, Caribe e Europa Oriental. Oficinas de Enlace en Xenebra, Washington, D.C., Nova York, Bruxelas e Yokohama e oficinas de representación en 78 estados.

Desde 1979 considérase o 16 de outubro como Día Mundial da Alimentación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]