Lista de episodios de O detective Conan (temporada 1)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O detective Conan

名探偵コナン
(Meitantei Conan)
FormatoMisterio, Aventuras, Romance
Creado porGosho Aoyama
IntérpretesAnimación
País de orixe Xapón
Episodios79
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Tokyo Movie Shinsha (TMS)
Duración25 minutos por episodio
DistribuidorArait Multimedia (Televisión) e SAV (DVD)
Emisión orixinal
Canle de orixeYomiuri TV
Formato de imaxe4:3
Primeiro episodio8 de xuño de 1996 ( Xapón)
2 de abril de 2006 (Galicia Galicia)
Derradeiro episodioactualidade ( Xapón)
actualidade (Galicia Galicia)
editar datos en Wikidata ]

Esta é unha listaxe dos episodios pertencentes á 1ª tempada do anime O detective Conan baseado no manga de nome homónimo creado por Gosho Aoyama. Esta primeira temporada está formada polos episodio do 1 ao 79 segundo a numeración galega.

A primeira tempada do anime de O detective Conan foi dirixida por Kenji Kodama e Yasuichiro Yamamoto e producida por TMS Entertainment e Yomiuri Telecasting Corporation[1]. As tramas dos episodios xiran ao redor do detective adolescente Shinichi Kudo, convertido nun cativo por mor dun veleno.

Desenvolvemento da trama[editar | editar a fonte]

A trama da primeira tempada consiste na resolución dos primeiros casos de Shinichi baixo a súa nova identidade, Conan Edogawa, e o transcorrer da súa nova vida. Nela fan a súa primeira aparición algúns dos personaxes principais como Ran Mouri, Kogoro Mouri, Eri Kisaki, Heiji Hattori ou Caco Kid, entre outros.

Episodios[editar | editar a fonte]

# Título Estrea en Galicia Estrea no Xapón.
01 "O detective máis célebre deste século"

Shinichi Kudo, é un grande detective adolescente con moita sona. Un día, cítase coa súa amiga da infancia Ran Mouri, nun parque de atraccións. Tras seren testemuñas dun asasinato, resolto polo xove detective, este segue a dous homes vestidos de negro que están realizando un intercambio sospeitoso. Un deles, Gin, descobre a súa presenza, polo que lle da a inxerir un veleno que o debera matar, pero no canto de morrer, o seu corpo mingúa, e convértese nun cativo de 6 anos. 

02 "O célebre detective que minguou"

Shinichi acode a xunto do seu amigo, o profesor e ciéntifico Hiroshi Agasa. Este recoméndalle que vaia vivir con Ran, xa que o seu pai, Kogoro Mouri, é detective e quizais algún dos seus casos lle conduza a dar co paradoiro dos Homes de Negro. Tomando o alcume de Conan Edogawa para non ser descuberto, trasládase á Axencia de Kogoro Mouri onde terá que resolver o seu primeiro caso como neno. Unha rapariga foi secuestrada e o seu pai, un gran magnate dos negocios, contrata ó Sr. Mouri para investigar o caso. 

03 "Moito ollo cos famosos"

A célebre cantante Yoko Okino, solicita os servizos do detective Mouri para que lle axude cun problema que ten. Cóntalle que sospeita que alguén a está espreitando e teme que sexa un acosador perigoso. Rapidamente, Kogoro, acode ó apartamento da súa clienta para investigar máis a fondo ó caso, pero alí atópase cun cadáver dun antigo mozo. Poderá Conan axudar ó detective a encaixar as pezas do quebracabezas e resolver o caso? Os segredos dun amor non correspondido saíran a luz neste terrible caso de equivocacións e erros do destino. 

04 "Clave: o peixe de luces"

O pequeno Conan coñece tres amigos na escola que tamén queren ser detectives: a inocente Ayumi, o intelixente Mitsuhiko e o mangallón de Genta. Xuntos formarán a Asociación de Detectives Xuvenís, e deberán enfrontarse a un caso na busca dun tesouro. Inocentemente, os rapaces, seguen as indicacións que lles proporciona o mapa do tesouro, sen saber que detrás deles, está oculta a terrible mafia italiana que está disposta a rematar coas súas vidas. 

05 "A grande explosión do tren bala"

Logo de saír ilesos do caso do tesouro, Conan e os seus amigos, xunto con Kogoro e Ran, trasládanse ó casamento duns amigos en tren bala. O que nun principio ía ser unha experiencia divertida e entretida, convértese nun pesadelo. Uns supostos Homes de Negro, colocan unha bomba de reloxería no maletín dun dos seus clientes, e o tren bala podería estoupar en calquera momento. Lonxe de morrer, o pequeno Conan está disposto a atopar a bomba seguindo unhas poucas pistas. 

06 "Asasinato no día de San Valentín"

Chegou o día de San Valentín. Sonoko, a amiga de Ran, convídaa á festa duns amigos. Conan, celoso do que poida facer a rapariga, decide seguila. Alí, son testemuñas da morte dun dos mozos, tras inxerir un anaco de chocolate que lle deu unha das súas pretendentes. Conan comeza a buscar pistas e grazas ó seu talento como detective, logra resolver o caso. Grazas a un dos aparellos que lle fabricou o seu amigo, o profesor Agasa, dorme a Kogoro e imita a súa voz para delatar ó culpable. 

07 "A ameaza mensual dos agasallos"

Un cirurxián, pídelle axuda a Kogoro para resolver uns estraños sucesos. Dende fai un tempo, recibe mensualmente unha nota, xoguetes e flores. Aínda que nun principio os agasallos agradaban ó home, comeza a pensar que todo é moi raro e por iso solicita a axuda do detective. Así, comezan unha intensa investigación, na que o fillo do médico, acabará secuestrado. Para engadir máis tensión, Ran sospeita da verdadeira identidade de Conan. 

08 "Asasinato no museo de Belas Artes"

 

09 "Asasinato durante a festa"

 

10 "Chantaxe a un futbolista"

 

11/12 "Os asasinatos da sonata ó luar (I) e (II) (Especial 1H)"

 

13 "O secuestro de Ayumi"

 

14 "O roubo dos 100 millóns de dólares"

 

15 "O atentado da mensaxe enigmática"

 

16 "O cadáver desaparecido"

 

17 "O asasinato do coleccionista"

 

18 "Roubo nos grandes almacéns"

 

19 "O asasinato da noiva"

 

20 "Asasinato no ascensor"

 

21 "Asasinato na mansión enmeigada"

 

22 "Asasinato no escenario da rodaxe"

 

23 "Asasinatos nun transatlántico de luxo (1ª parte)"

 

24 "Asasinatos nun transatlántico de luxo (2ª parte)"

 

25 "O misterio da guapa amnésica"

 

26 "Rescate pagado con billetes falsos"

 

27 "Tom e o asasinato"

 

28 "Asasinato na xuntanza de ex-compañeiros de Kogoro (1ª parte)"

 

29 "Asasinato na xuntanza de ex-compañeiros de Kogoro (2ª parte)"

 

30 "O caso do asasinato por ordenador"

 

31 "A coartada perfecta"

 

32 "Asasinato no estudio de televisión"

 

33 "Asasinato nunha cafetería"

 

34 "Xornada de supervivencia para os Detectives Xuvenís"

 

35 "O asasino misterioso da mansión da montaña (1ª parte)"

 

36 "O asasino misterioso da mansión da montaña (2ª parte)"

 

37 "O asasinato do luns ás 7 e media do serán"

 

38 "O asasinato da flor do cacto"

 

39 "Asasinato na Festa do Lume"

 

40 "O caso da herdeira asasinada (1ª parte)"

 

41 "O caso da herdeira asasinada (2ª parte)"

 

42 "O incidente da bandeira rachada"

 

43 "Asasinato nunha cabina de karaoke"

 

44 "O rapto de Conan Edogawa"

 

45 "Os asasinatos da familia Hotta"

 

46 "O asasinato da máscara facial"

 

47 "Asasinato na montaña nevada"

 

48 "Asasinato nun ximnasio"

 

49 "O diplomático asasinado (1ª parte)"

 

50 "O diplomático asasinado (2ª parte)"

 

51 "Asasinato na biblioteca"

 

52 "Asasinato nunha cancha de minigolf"

 

53/54 "O asasinato do tardo da néboa (I) e (II) (Especial 1H)"

 

55 "O asasinato da arma misteriosa"

 

56 "O asasinato da empresa de xogos"

 

57 "O asasinato do truco dos trens"

 

58 "O asasinato do Peixe Sol"

 

59 "Os asasinatos do fanático de Sherlock Holmes (1ª parte)"

 

60 "Os asasinatos do fanático de Sherlock Holmes (2ª parte)"

 

61 "O asasinato da primeira experiencia de compras"

 

62 "O asasinato da ilustradora"

 

63 "Os asasinatos do barco pantasma (1ª parte)"

 

64 "Os asasinatos do barco pantasma (2ª parte)"

 

65 "O asasinato do monstro Gomera"

 

66 "O asasinato das 3 impresións dactilares"

 

67 "O secuestro dos caranguexos e a balea"

 

68 "Asasinato nunha rúa escura"

 

69 "O caso da actriz asasinada"

 

70 "O misterio do asasinato do Barón Nocturno (1ª parte: o caso)"

 

71 "O misterio do asasinato do Barón Nocturno (2ª parte: os sospeitosos)"

 

72 "O misterio do asasinato do Barón Nocturno (3ª parte: a resolución)"

 

73 "O asasinato do acosador"

 

74 "O asasinato dos tres xemelgos"

 

75 "O intento de asasinato do naufraxio"

 

76 "O misterio de Jinnai, o Deus da Morte"

Despois de asistir á estrea dunha película sobre o deus da morte, Jinnai, o Sr. Mouri e Conan coinciden cos protagonistas do filme. A moza dun dos actores, fálalle a Kogoro sobre unha advertencia de asasinato contra o actor principal da película, Hayato Nanyô. Como a advertencia citaba a hora do asasinato cara á noite, un equipo de TV desprázase ata o apartamento do artista para corroborar se chega a pasar a desgraza. Perante a presenza de tanta xente, aparece Jinnai, quen tras mostrarse en público, esfúmase. Logo do suceso, atopan morto ó Sr. Nanyô dun golpe na testa. 

77 "O asasinato do presidente da empresa financeira"

O asasinato do presidente da empresa financeira ? Kogoro cítase cuns amigos a altas horas da noite para xogar ó Mahjong, un popular xogo de mesa chinés. Ante a falta dun cuarto xogador, deciden chamar a Mitsuhiro Hida, presidente dunha empresa financeira. Logo de agardaren unha media hora, os tres amigos deciden ir buscar a Mitsuhiro ó seu edificio. Alí coinciden cun dos seus empregados, quen lles informa de que o xefe está pechado no seu despacho contando cartos. Como o cuarto está cerrado con chave e o señor Hida non responde, tiran coa porta abaixo, onde desafortunadamente o atopan morto. Hai tres sospeitosos de asasinato e os tres tíñanlle rancor á vítima. 

78/79 "Conan contra o ladrón Caco Kid (I) e (II) (Especial 1H)"

O célebre ladrón de tesouros Caco Kid, fai aparición na cidade. O seu próximo obxectivo é a Estrela Negra, unha xoia en posesión da familia de Sonoko. Esta contrata os servizos do Sr. Mouri para impedir o roubo. O ladrón, de alcume 1412, deixara varias pistas, sobre onde realizaría a súa vindeira aparición e Conan descifra o código. Intenta deter ó ladrón, pero este lle comenta de que se volverán ver as caras nunha viaxe en barco dos Suzuki, e que alí efecturará o seu roubo. Alí estará a famosa xoia, que o ladrón está disposto a roubar. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yomiuri Telecasting Corporation (ed.). "名探偵 コナン". Consultado o 13 de abril de 2009.