Lingua ahtna
| Lingua ahtna | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Atnakenaege’ | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O ahtna ou ahtena é unha lingua na-dené que se fala nos Estados Unidos. Está recoñecida como lingua oficial en Alasca.[1] O ahtna está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
Falantes
[editar | editar a fonte]No ano 2004 había menos de 50 falantes[3] nun grupo étnico de 500 persoas. Todos os falantes nativos son maiores de 60 anos.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Hai 8 comunidades entre na área do Río Copper, entre o río Eyak e a súa foz e o alto Susita e Nenana en Alasca.
Usos sociais
[editar | editar a fonte]Aínda que todos os falantes nativos son anciáns hai un aumento do interese entre os ahtena pola súa lingua, Lena Charley editou materiais para a súa aprendizaxe. En todas as escolas athna hai clases de lingua
Os primeiros estudos sobre a lingua realizounos James Kari que en 1986 publicou o primeiro libro Tatl'ahwt'aenn Nenn' (recolleita de historias tradicionais) e en 1990 o primeiro dicionario ahtna.
As autoridades das comunidades athna tentan evitar a desaparición da lingua, a escola Ya Ne Dah Ah[4] aplica un programa de inmersión lingüística en athna dende 1992 en Chickaloon, seguindo este exemplo outra escola abriu en Tazlina.
John E. Smelcer é un poeta athna que publicou en 1995 Koht'aene kenaege': Poems in the Ahtna Indian language primeira obra literaria escrita en athna.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinariamente os athna vivían en comunidades esparexidas na rexión do río Copper, cada grupo era totalmente autónomo. A presenza rusa deixou poucos préstamos en athna, arredor de 50 palabras e non alterou a cultura athna, a primeira expedición americana na área data de 1885, pero ata comezos do século XX non se asentaron os primeiros colonos. Entre 1941 e 1945 construíuse unha autoestrada e os athna convertéronse en totalmente minoritarios no seu propio territorio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alaska OKs Bill Making Native Languages Official : The Two-Way : NPR".
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Bruce E. Johansen The Praeger Handbook on Contemporary Issues in Native America, Greenwood Publishing Group, 2007, páxina 23
- ↑ James Kari et al. Shem Pete's Alaska: The Territory of the Upper Cook Inlet Dena'ina, University of Alaska Press, 2003, páxina 298
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

