Conversa:Lingua bosníaca

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola, a correcta denominación en galego debería ser lingua bosnia ou bosnio. Existe un doblete entre bosnio/a e bosníaco/a con respecto á lingua orixinal bosanski (bosnio) vs. bošnjak (bosníaco) xa que estes dous termos non son sinónimos. O primeiro fai referencia a todo o relativo a Bosnia e o segundo ao grupo étnico tamén coñecido como Musulmán (con maiúsculo), é dicir, musulmáns de lingua serbocroata maioritarios en Bosnia pero presentes tamén en toda a ex Iugoslavia.

Como se pode ver no artigo, a denominación orixinal fai referencia a bosnio non a bosníaco.

Saúdos,

--217.75.194.148 14:39, 3 de febreiro de 2011 (UTC)

O caso é que no VOLGa figura bosníaco pero bosnio non aparece na súa base de datos polo que poderiamos pensar que é incorrecto, e de feito por exemplo o dicionario Ir Indo segue ese criterio.--Cheluco 15:12, 3 de febreiro de 2011 (UTC)
Cheluco explicouno ben. E no Gran Xerais *bosnio redirixe, como erro, a bosníaco. Se o que dis, ip, é así, daquela o proceder ten que ser o seguinte: coméntallelo á xente da RAG, que o modifiquen, e a partir de aí, oficializado, a Galipedia pode facer o cambio. É a única solución. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:00, 3 de febreiro de 2011 (UTC)

En primeiro lugar, Cheluco e Atobar, perdón por non asinar o comentario anterior, IP 217.75.194.148. Chámome Jairo Dorado, son tradutor e intérprete e unha das linguas coas que traballo é a do artigo en cuestión. Ben sei que o Gran Xerais e a RAG indican que bosnio é un erro e que o ideal sería que existise un método para contactar coa RAG en cuestións de terminoloxía. Calquera medio de expresión en galego (o desaparecido Vieiros) arguía igual ca vós nestas cuestións, e aí reside o erro: a RAG e os diccionarios debe reflectir a lingua e non ao revés. Existe tamén varios diccionarios que indican que Saraxevo é a forma correcta en galego e afortunadamente, tras moito insistir, o termo de uso en galego é Sarajevo ou Saraievo. Con bosnio/bosníaco acontece o mesmo, ou comezamos a empregar correctamente o termo ou a RAG non fará ren. Arriba expliquei coherentemente por que é diferente un termo doutro e insisto nesa explicación. Quizais, Atobar, sería máis doado facelo ao revés: Wikipedia emprega o termo correctamente, explicando por que esta é a forma correcta e a RAG aproveita para modificar esa cuestión. Se por cada termo que aparece novo na lingua hai que se por en contacto coa RAG antes de o poder empregar... bota ti as consecuencias. Insisto: lingua bosnia (bosanski jezik). Saúdos, Jairo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 217.75.194.148 (conversacontribucións) 16:15, 11 de marzo de 2011

  • Jairo, non queda outra que esperar a que o mude a RAG. Non obstante, sempre cabe a posibilidade de incluírmos notas a pé de páxina se hai dicionarios ou gramáticas autorizadas (as galegas, claro) que refreden outras formas. Por poñer un exemplo moi simple dun artigo que creara eu. Repara na solución dada a Hovercraft. En fin, que se a Galipedia manten o rigor é precisamente por ter un criterio claro e académico. De calquera maneira, sempre está a Taberna para expor estas cuestións, e eventualmente mesmo se podería chegar a abrir unha votación para cambiar a política, aínda que eu persoalmente non creo que saíse adiante. Un saúdo e animo coa edición, que este é un proxecto que si paga a pena, e moito. --Atobar (conversa comigo) 17:03, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas Atobar, farei así como dis. Non penso que sexa unha cuestión de mudar a política da galipedia mais de considerar a entrada de neoloxismos e de erros "asentados" na lingua. Un saúdo!Jairo --80.65.172.39 18:00, 11 de marzo de 2011 (UTC)