Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O armenio occidental (en ortografía clásica: արեւմտահայերէն, arevmdahayerên)[1] é unha das dúas formas estandarizadas do armenio moderno, sendo a outra o armenio oriental. Até comezos do século XX, varios dialectos do armenio occidental eran falados no Imperio Otomán, especialmente nas rexión orientais do imperio, poboadas historicamente por armenios e coñecida como Armenia Occidental. As falas ou variedades dialectais do armenio occidental actualmente en uso inclúen o "homshetsi", falado polos hemshin;[2] os dialectos dos armenios de Kessab, Latakia e Jisr al-Shughur de Siria, os de Anjar do Líbano, e os de Vakıflı, de Turquía (parte do dialecto "sueidia"). O armenio occidental está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]
Samuelian, Thomas J. (1989). A Course in Modern Western Armenian: Dictionary and Linguistic Notes. Nova York: Armenian National Education Committee. ISBN0-9617933-2-5.