Zarauzko Arraun Elkartea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Bandeira de la Concha 2016, Getaria-Zarautz.
Zarauzko Arraun Elkartea.

O Zarauzko Arraun Elkartea (ZAE) é un club de remo da localidade guipuscoana de Zarautz (Euskadi). A súa principal traiñeira é a Enbata ("galerna" en euskera) e a súa cor é o azul. Compite tamén noutras modalidades do remo coma o batel ou a trainerilla, todas estas en banco fixo.

Historia[editar | editar a fonte]

A regata máis antiga da que se ten referencias e que se coñece en Guipúscoa é a que desputaron as traíñas de Zarautz e Getaria o día 2 de maio de 1761. A saída da regata deuse á par da illa de Umallarria ou Mollarri en Zarautz e a chegada foi no porto de Donostia. A tripulación de cada embarcación compoñíana 11 homes e a tripulación vencedora recibiría 100 escudos da traíñeira que perdera. Non se coñece, por desgraza, a gañadora desta regata denominada Salea.

En 1983, Zarautz, sendo organizadora dunha das regatas máis importantes do Cantábrico, non tiña club de remo. En outubro dese ano fixeron os estatutos e escolleuse a Xunta Directiva do novo club de remo. Xanti Sánchez sería o primeiro presidente de Zarauzko Arraun Elkartea.

A primeira bandeira do club Zarauzko Arraun Elkartea gañouse en 1985 na categoría cadete co sonado Txiki Larrañaga de patrón.

O primeiro ano da Liga ACT, 2003, a traíñeira zarauztarra Enbata clasificouse sendo así unha das súas fundadoras. Este mesmo ano descendeu, mais volveu ascender para ficar definitivamente na elite do remo de banco fixo.

No ano 2010 dúas traíñeiras compiten nas diversas competicións desta modalidade, unha na Liga San Miguel e a segunda na Liga ARC-2.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]