Hibaika Arraun Elkartea
Aparencia
O Hibaika Arraun Elkartea é un club de remo da localidade de Errenteria, Gipúscoa (Euskadi). O club foi fundado en 1987.
En 1989, o concello de Errenteria cedeu o edificio do matadoiro vello de Ondartxo ao club de remo, e ese mesmo ano inaugurouse a escola de remo.
As súas cores son o vermello e o negro. A traiñeira é negra e chámase Madalen.
Actualmente, compite na Liga ARC-2.