Saltar ao contido

Club Náutico de Luanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Náutico de Luanco é un club de adicado á práctica e promoción dos deportes náuticos na localidade de Luanco, no concello de Gozón (Asturias).

O club foi fundado en 1953. Ao longo da súa historia atravesou etapas de maior e menor actividade e conseguindo os seus deportistas algúns éxitos importantes. Nos últimos anos o club volveu sacar a súa traiñeira, conseguindo algúns bos resultados, mais sen acadar o nivel que tivo nos anos '80. Actualmente é a única traiñeira asturiana en competición, participando na Liga ARC-2, a terceira categoría do remo no Cantábrico por detrás da Liga ACT (a máxima categoría) e a Liga ARC-1 e a Liga Galega de Traiñeiras (as dúas segundas categorías).

No 2005 a súa traiñeira conseguiu o cuarto posto na Bandeira Concello de Gozón como mellor posto competindo en tres regatas. No 2006 non sacou traiñeira, mais retornou no 2007, competindo en tres regatas, incluíndo a vitoria na Bandeira do Festival Intercéltico de Avilés. No 2008 participou en vinte regatas, competiu na Liga ARC-2 e logrou unha vitoria (a Contra o reloxo de Luanco). No 2009, novamente na Liga ARC-2, competiu outra vez en vinte regatas, logrando o segundo posto na Contra o reloxo O Socorro. No 2010 continuou a súa andaina na Liga ARC-2 e conseguiu un segundo posto na Contra o reloxo O Socorro como mellor clasificación.

En bateles, o Náutico de Luanco tivo a súa mellor época nos anos '70, cando logrou un subcampionato de España en 1972 e dous terceiros postos en 1974 e 1978.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]