Deusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Deusto na cidade de Bilbao.
A Universidade de Deusto marca o extremo leste do barrio de San Pedro de Deusto-La Ribera.

Deusto (en éuscaro: Deustu) é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Ten 52.218 habitantes e unha superficie de 4,95 km², aínda que os seus barrios só ocupan 3,19 km², sendo o terreo restante a ladeira do monte Archanda.

Divídese nos barrios de Arangoiti, Ibarrecolanda, San Ignacio-Elorrieta e San Pedro de Deusto-La Ribera. O elizate de San Pedro de Deusto foi municipio independente ata o 1 de xaneiro de 1925, día no que a capital biscaíña anexionouse a súa superficie para continuar coa expansión da vila.

O distrito é coñecido rexionalmente como unha zona de ambiente estudantil, ao ser sede da Escola de Maxisterio e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade do País Vasco, da Escola Oficial de Idiomas e, especialmente, da Universidade de Deusto.

Barrios[editar | editar a fonte]

Divídise en cinco barrios:

  • Arangoiti
  • Deustuko Doneperiaga
  • Elorrieta
  • Ibarrekolanda
  • San Ignazio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 43°16′20″N 2°56′45″O / 43.27222, -2.94583