Sergi Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sergi Vidal
Estudiantes vs Unicaja Málaga - Sergi Vidal - 01.jpg
Cafés Candelas Breogán  – No. 9
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 9 de abril de 1981 (38 anos)
España Badalona, España
Altura 1,99 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Información da carreira
Internacional España España
Carreira 1999−presente
Historial de equipos
Pinturas Bruguer Badalona (1999–2000) ACB
Caja Laboral Baskonia (2000–2009) ACB
Real Madrid (2009–2011) ACB
Lagun Aro GBC (2011–2012) ACB
Unicaja Málaga (2012–2014) ACB
Divina Seguros Joventut (2014–2018) ACB
Cafés Candelas Breogán (2018– ) ACB

Sergi Vidal Plana, nado o 9 de abril de 1981 en Badalona é un xogador profesional internacional de baloncesto español. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán da Liga ACB nas posicións escolta ou ala.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Badalona, Sergi Vidal comeza a súa carreira nas categorías inferiores do Joventut de Badalona, entrando a formar parte do club en 1992. Tras ir ascendendo de categoría, consegue chegar á sección junior en 1998. Tras xogar no equipo de Liga EBA, debuta co primeiro equipo da ACB na novena xornada ante o Adecco Estudiantes. No encontro, xogado no Palacio de Deportes da CAM, Vidal xoga case nove minutos nos que anota 9 puntos e rouba tres balóns.[1] Tras a súa boa actuación nas cateogrías inferiores do clube "verdinegro", no verán do ano 2000 asina polo Tau Cerámica de Vitoria. Na súa presentación co equipo declarou "Veño aquí a gañar títulos e non me irei até que non consiga gañalo todo con este equipo, e prometo aos seareiros que este ano seremos campións".[2] Dito e feito, durante nove temporadas co equipo vasco consegeue gañar dúas Ligas ACB (2001−02 e 2007−08), catro Copas do Rei (2001−02, 2003−04, 2005−06 e 2008−09) e catro Supercopas (2005, 2006, 2007 e 2008), ben como dúas veces subcampión da Euroliga.

No verán de 2009 muda de equipo após pagar o Real Madrid 600.000 pola súa fichaxe. Porén, debido a unha lesión no pulso, on puido debutar co equipo madrileño até o 23 de decembro desde mesmo ano. Ese día, entrando en substitución de Louis Bullock anotou 8 puntos e deu 3 asistencias. O seu paso polo Real Madrid estivo marcado por múltiples lesión, que lle impediron adquirir regularidade co equipo. Tras dúas temporadas, en 2011 asina polo Lagun Aro GBC, onde chega coa expectativa de superar a "peor etapa deportiva da súa carreira".[2] Nesta temporada destaca até o punto de ser elixido MVP da Liga no mes de marzo e integrante do quinteto ideal da temporada. Tras acabar o seu contrato asina por dúas temporadas co Unicaja Málaga, para posteriormente en 2014 regresar o seu club de formación, o Joventut. No equipo badaloní convértese durante catro temporadas no lider do equipo, mesmo en 2017 e 2018 voltando de novo a xogar coa selección española. Cómpre destacar que durante a temporada 2017−18 xogou o seu partido 600 en ACB, sendo o décimo cuarto xogador en conseguilo. O 14 de setembro de 2018, tras desvincularse do Joventut, anúnciase a súa fichaxe polo Cafés Candelas Breogán.

Internacional[editar | editar a fonte]

Grazas ao seu destacábel rendimento no Baskonia, foi convocado por primeira vez coa selección española no ano 2005. O seu primeiro partido foi en Alacant ante a selección francesa, onde anotou tres puntos. Ese mesmo ano foi convocado para xogar o Mundial de Belgrado, onde antixiu o cuarto posto. Porén, a competencia que había no combinado na súa posición, onde estaban Juan Carlos Navarro e Rudy Fernández, evitou que fose convocado de forma máis asídua.[2] En 2017 anúnciase a súa volta á selección, onde participa nos encontros clasificatorios para o Mundial de 2019.

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Doméstico[editar | editar a fonte]

Internacional[editar | editar a fonte]

  • Campionato de Europa Xoven 2000. Medalla de Bronce.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adecco Estudiantes - Pinturas Bruguer Badalona". acb.com (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Rodas, Julio. "El Ave Fénix siempre resurge de sus cenizas". Sentimiento Amarillo y Naranja. Consultado o 14 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]