Les Sylphides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Les Sylphides
As sílfides
Anna Pavlova en Les Sylphides, 1909.
FormaBallet blanc
LibretistaStravinskii e Benois
Baseado enMúsica de Frédéric Chopin
Estrea2 de xuño de 1909
Teatro da estreaThéâtre du Châtelet
Lugar da estreaParís
CompañíaBallets Russes
DeseñadorLéon Bakst
Música
CompositorAlexander Glazunov (orquestración)
CoreógrafoMichel Fokine

Les Sylphides é un pequeno ballet blanc non narrativo. A súa coreografía orixinal foi creada por Michel Fokine, con música de Frédéric Chopin orquestrada por Alexander Glazunov. Glazunov xa compuxera parte da música en 1892 como unha suite puramente orquestral, baixo o título de Chopiniana, Op. 46. Nesta forma foi presentada ao público en decembro de 1983 baixo a dirección de Nikolai Rimskii-Korsakov.

O ballet, frecuentemente descrito como un "Rêverie Romantique",[1][2] foi de feito o primeiro ballet en ser simplemente isto.[1] Les Sylphides non ten argumento, no seu lugar consiste en varias sílfides vestidas de branco bailando á luz da lúa co poeta ou mozo vestido cunhas medias brancas e unha parte superior negra.

Historia das representacións[editar | editar a fonte]

Identificar a estrea do ballet completo supón un desafío. Podería dicirse que se estreou en 1907 no Teatro Mariinski de San Petersburgo baixo o título de Rêverie Romantique: Ballet sur la musique de Chopin. Con todo, este tamén foi a base dun ballet, Chopiniana, que tivo diferentes formas, mesmo nas mans de Fokine.[3] Baixo Les Sylphides, que nós consideramos a obra, foi estreado polos Ballets Russes de Sergei Diagilev o 2 de xuño de 1909 no Théâtre du Châtelet de París. A estrea de Diagilev é a máis famosa, na que os solistas foron Tamara Karsavina, Vatslav Nizhinskii (como o poeta, soñador, ou mozo), Anna Pavlova, e Alexandra Baldina. O tutú longo e branco co que bailou orixinalmente Pavlova, e que o corpo de baile feminino ao completo o adoptou ao pouco tempo, foi deseñado por Léon Bakst e inspirado por unha litografía de Marie Taglioni vestida como unha sílfide.

A estrea en Londres, na primeira tempada dos Ballets Russes, tivo lugar na Royal Opera House, mentres que a estrea en América do Norte podería datarse o 14 de xuño de 1911, cunha versión non autorizada representada no Winter Garden, de Nova York (con tan só Baldina do elenco de bailaríns de Diagilev). Con todo, a súa estrea autorizada no continente americano polos Ballets Russes tivo lugar no Century Theater de Nova York o 20 de xaneiro de 1916, con Lydia Lopokova (que tamén participara na produción non autorizada cinco anos antes). Nijinski o bailou coa compañía de Diagilev na Metropolitan Opera o 14 de abril de 1916, onde foi emparellado cunha obra similar a unha suite para piano (de Robert Schumann), Papillons, tamén coreografada por Fokine. Fokine tamén puxo en escena o ballet para outras compañías, e el e a súa muller, Vera Fokina, bailaron os seus papeis principais durante algúns anos.

Historia das producións[editar | editar a fonte]

Produción orixinal[editar | editar a fonte]

A Chopiniana, posta en escena por Fokine, tiña unha composición musical diferente. Tamén, a Chopiniana era orixinalmente unha recompilación de danzas dramáticas ou conxunto de caracteres con música para piano de Chopin. A suite de Glazunov na que se baseou está versión orixinal tiña tan só catro pezas de Chopín; Fokine quería empregar un valse como unha adición á Suite e foi capaz de conseguir que Glazunov para orquestralo para crear o seu ballet, tamén chamado "Chopiniana".

  1. Polonesa en La maior Op. 40 nº 1
  2. Nocturne in F major Op. 15 nº 1
  3. Mazurca en Dó díese menor Op. 50 nº 3
  4. Valse en Dó díese menor Op. 64 nº 2, engadido por Michel Fokine[4]
  5. Tarantella en La bemol maior Op. 43.

O novo valse orquestrado sería a inspiración de Fokine para volver coreografar o ballet cara á súa forma case final, seleccionando diferentes pezas de Chopin para ir con ela e conseguir que foran orquestradas por Maurice Keller.

Produción dos Ballets Russes[editar | editar a fonte]

Cando o ballet de Fokine foi estreado en París como parte da "Saison Russe" dos Ballets Russes de Sergei Diagilev en 1909, Diagilev encargou reorquestracións de todas as danzas, excepto do valse orquestrado por Glazunov, por Anatoly Lyadov, Sergei Taneyev, Nikolai Tcherepnin e Igor Stravinskii.[4] Esta versión, agora titulada Les Sylphides, foi representada por primeira vez no Théâtre du Châtelet o 2 de xuño de 1909.[4]

Versión standard[editar | editar a fonte]

A versión canónica do ballet Les Sylphides inclúe:

  1. Polonesa en La maior ('Militr') Op. 40 nº 1 (algunhas compañías substitúena polo Preludio en La maior Op. 28 nº 7)
  2. Nocturno en La díese maior Op. 32 nº 2
  3. Valse en Sol bemol maior Op. 70 nº 1
  4. Mazurca en Re maior Op. 33 nº 2
  5. Mazurca en Dó maior Op. 67 nº 3
  6. Preludio en La maior Op. 28 nº 7
  7. Valse en Dó díese menor Op. 64 nº 2
  8. Grande valse brillante en Mi bemol maior Op. 18.

Produción do New York City Ballet[editar | editar a fonte]

O New York City Ballet produciu a súa propia versión standard para a escena, omitindo a Polonesa en La maior (e deixando o Preludio en La maior na súa posición orixinal), baixo o título orixinal, Chopiniana. A estrea do NYCB foi posta en escena por Alexandra Danilova e tivo lugar o 20 de xaneiro de 1972, no New York State Theater, Lincoln Center. O elenco orixinal estaba integrado, entre outros, por Karin von Aroldingen, Susan Hendl, Kay Mazzo, e Peter Martins.

Outras orquestracións[editar | editar a fonte]

Numerosos compositores teñen orquestrado as pezas de Chopin para importantes compañías de ballet, entre eles Benjamin Britten, Alexander Gretchaninov,[4] Roy Douglas e Gordon Jacob. A orquestración de Britten foi considerada perdida, mais en 2013 atopouse nos arquivos do American Ballet Theatre unha partitura que se cre podería corresponder coa obra de Britten.[5]

A versión de Roy Douglas foi gravada en numerosas ocasións, e ten suplantado en gran parte ás versións anteriores. Foi escrita en 1936, para substituír o que Douglas chamou "moi malas orquestracións da música de Chopin".[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ballet Theater", ata 1955. Un CD da produción do ABT, con Mikhail Baryshnikov no papel do soñador, está dispoñible dende Kultor, titulado "American Ballet Theatre at the Met – Mixed Bill (1985)".
  2. Ver as consideraciós definitivas de Olga Maynard, baseada en información para o fillo de Fokine, Vitale Fokine: "Les Sylphides", Dance Magazine Portfolio: Decembro de 1971.
  3. George Balanchine, and Francis Mason, Balanchine's Complete Stories of the Great Ballets (rev. & enlarged edn, Doubleday, 1977), pp. 653–8.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Taruskin, Richard, Stravinsky and the Russian Traditions, pp. 546–547 (Oxford: Oxford University Press, 1996). ISBN 0-19-816250-2.
  5. Michael Cooper (27 de agosto de 2013). The New York Times, ed. "Mystery of the Missing Music" (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2014. 
  6. Raymond Tuttle. Decca Records, ed. "Notas ao CD" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]