Saltar ao contido

Marie Taglioni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarie Taglioni
Biografía
Nacemento23 de abril de 1804
Estocolmo
Suecia Suecia
Morte22 de abril de 1884 (79 anos)
Marsella
Francia
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 94 48°51′38″N 2°23′56″L / 48.860528, 2.398906 Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeItalia/Suecia
Actividade
Campo de traballoCoreografía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónBailarina
Período de actividade1822 Editar o valor en Wikidata - 1880 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFilippo Taglioni e Jean-François Coulon Editar o valor en Wikidata
AlumnosElena Andreianova (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaTaglioni (en) Traducir e famille de Voisins (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConde Gelbeit de Voisins Editar o valor en Wikidata
ParellaAlexander Trubetskoy Editar o valor en Wikidata
FillosGeorges Philippe Gilbert, Comte Gilbert de Voisins
 () Jean Pierre Victor Albert Gilbert, Comte Gilbert de Voisins
Marie-Eugenie Gilbert de Voisins
 () Jean Pierre Victor Albert Gilbert, Comte Gilbert de Voisins Editar o valor en Wikidata
PaisFilippo Taglioni Editar o valor en Wikidata  e Sophie Karsten Editar o valor en Wikidata
IrmánsPaul Taglioni Editar o valor en Wikidata
ParentesAuguste Gilbert de Voisins, neto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тальони Мария)
Dictionary of National Biography
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1263325 WikiTree: Taglioni-1 Find a Grave: 8284161 Editar o valor en Wikidata

Marie Taglioni, nada en Estocolmo (Suecia) o 23 de abril de 1804 e finada en Marsella (Francia) o 22 de abril de 1884, foi unha bailarina italo-sueca do ballet romántico e unha figura central na historia da danza en Europa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marie Taglioni naceu na cidade sueca de Estocolmo o 23 de abril de 1804, fixa de Filippo Taglioni e Sophie Karsten, que tiveron outro fillo, Paul, que chegou a ser tamén bailarín e coreógrafo e foi parella de Marie nalgunhas das súas representacións.[1] Seu pai foi un coñecido bailarín e coreógrafo, que no momento no que naceu Marie era bailarín e mestre na Kungliga Operan (Ópera Real de Estocolmo).[2]

Recibiu leccións de ballet do seu pai e debutou en Viena en 1822 nun ballet coreografado polo seu pai, La Reception d'une jeune nymphe a la tour de Terpsichore, no que a súa futura rival Fanny Elssler bailou no corpo de baile.[1]

En 1835 casou co Conde Gelbeit de Voisins, co que tivo dous fillos. Con todo, o seu home non vía con bos ollos as súas frecuentes viaxes e pediulle que deixase a súa carreira como bailarina, ao que Taglioni se negou, o que motivou o divorcio da parella logo de tres anos de matrimonio. A ruptura con de Voisins moveu a Marie a deixar a Opéra de Paris e trasladarse a San Petersburgo en 1837 logo de ter asinado un contrato co Ballet do Mariinsky.[1] Deste xeito, Taglioni chegou á capital do Imperio Ruso cos seus maiores logros como bailarina ás costas, tendo conquistado Europa, xerando un entusiasmo pouco habitual na sociedade rusa e aparecendo constantemente nas páxinas da prensa local.[3]

Logo de retirarse da danza, Marie Taglioni foi vivir ás beiras do lago Como (Italia), e na década de 1870 trasladouse a Londres, onde ensinou danza a nenos e mulleres da alta sociedade.[4]

A pesar da súa temperá fama, Marie Taglioni morreu na pobreza en Marsella aos 79 anos.[5] Cincuenta anos despois de morrer, o seu corpo foi trasladado a París. A pesar de que hai un sepulcro que leva o seu nome no cemiterio de Montmartre, onde bailaríns de todo o mundo lle renden tributo, en 2007 revelouse que a tumba non pertencía a ela senón á súa nai Sophia Taglioni, e que en realidade Marie está enterrada no cemiterio de Père-Lachaise, en París, baixo o nome de quen fora o seu exmarido, o Comte Gilbert de Des Voisins.[6]

  1. 1 2 3 Alkis Raftis (ed.). "MARIE TAGLIONI (April 23, 1804 – April 24, 1884)" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
  2. "The making of a dancer". Marie Taglioni (1804-1884): A life on toe tip (en inglés). Nederlands Muziek Instituut. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
  3. "Marie Taglioni Charms Russia" (en inglés). History of Russian Ballet. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
  4. "Romantic Ballet" (en inglés). Victoria and Albert Museum. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
  5. "Taglioni, Marie – (1804 – 1884)" (en inglés). abitofhistory.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
  6. "El misterio de la tumba de Marie Taglione" (en castelán). danzaballet.com. 20 de marzo de 2007. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]